Tralas comprobacións realizadas, a lista definitiva de persoas admitidas coincide coa relación provisional de admitidos xa publicada.
De acordo co punto 4.9 das bases a asignación da/s quenda/s ás persoas solicitantes que resulten admitidas, realizarase en beneficio do mercado en atención á heteroxeneidade de oficios e produtos en cada unha das quendas e á súa caracterización coma mercado de Nadal. De acordo co punto 4.6 das bases, queda taén configurada a lista de agarda.
Con base na orde de prelación establecida polas puntuacións obtidas e nas consideracións recollidas na base 4.9, a adxudicación queda como segue:
As persoas expositoras incluídas deberán confirmar a súa aceptación da quenda adxudicada por correo electrónico ao enderezo mercadonadal@gmail.com antes das 14:00h do día 13 de novembro de 2026, acompañando a súa aceptación coa documentación xustificativa dos requisitos de participación do apartado 2.9 das bases de participación no Mercando de Nadal 2026/2027.











