Nova oportunidade das persoas traballadoras autónomas, ano 2023

Axudas e subvencións comercio Santiago

Ficha da subvención

Denominación

Nova oportunidade das persoas traballadoras autónomas, ano 2023

Convocatoria: Pechada

Data de publicación: 10/05/2023

Prazo entrega solicitudes: Inicio 01/06/2023 Fin 31/10/2023

información, ligazóns e consultas

Xunta de Galicia

Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade

Secretaría Xeral de Apoio ao Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social

Subdirección Xeral de Emprego

Servizo de Emprego Autónomo

San Lázaro, s/n

15781  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 981545612

Email: autonomos.emprego@xunta.gal

Resolución de axudas concedidas no programa Nova Oportunidade das persoas traballadoras autónomas, convocatoria 2023

Consellería de Emprego, Comercio e Emigración

RESOLUCIÓN do 12 de xullo de 2024, da Secretaría Xeral de Emprego e Relacións Laborais, pola que se da publicidade ás axudas concedidas ao abeiro da Orde do 10 de maio de 2023 pola que se establecen as bases do programa Nova Oportunidade das persoas traballadoras autónomas, e se convocan para o ano 2023 (código de procedemento TR790A).

De conformidade co establecido no artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no artigo 17 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, os órganos administrativos concedentes publicarán no Diario Oficial de Galicia as subvencións concedidas con expresión da convocatoria, o programa e crédito orzamentario a que se imputen, finalidade da subvención, beneficiario e cantidade concedida.

Entradas relacionadas