Ficha da subvención
Denominación
Bases de inscripción para participar no concurso de escaparates de Nadal 2024
Convocatoria: Aberta
información, ligazóns e consultas
Departamento de Comercio
Concello de Santiago de Compostela
Rúa República de El Salvador, 12, entresollado
15701 Santiago de Compostela
981542492 Ext. 33078
https://comerciolocalsantiago.gal
Facebook: https://www.facebook.com/ComercioSantiago/
Instagram: https://www.instagram.com/comerciostgo/
Twitter: https://twitter.com/ComercioStgo
Mañá, venres 27 de decembro, abre o prazo para inscribirse no concurso de escaparatismo de Nadal
O BOP publica hoxe as bases da convocatoria do concurso de escaparatismo de Nadal, cuxo prazo de inscrición estará aberto dende o día seguinte, é dicir, desde as 00:00 h do venres 27. O obxectivo é dinamizar a economía local impulsando iniciativas no comercio que incentiven a atracción, así como premiar a creatividade do comercio local nunha época tan sinalada como o Nadal.
O Concello de Santiago lanza un ano máis o concurso de escaparates de Nadal co obxecto de promover a creatividade dos comerciantes á hora de presentar os seus escaparates contribuíndo así ao incremento do consumo no comercio local, nesta época tan importante para o sector.
A temática que deben desenvolver será o Nadal, con total liberdade en canto á súa interpretación e estilo. O xurado valorará os escaparates participantes no seu conxunto, pola súa capacidade de atracción e xeración do desexo de compra, calidade, composición, deseño, orixinalidade e o emprego de elementos propios do obxecto de venda da actividade e materiais de refugallo.
En total, o xurado concederá premios aos seis escaparates mellor decorados, con contías económicas de 2.000, 1.500, 1.200, 1.000, 750 e 500 euros, respectivamente.
Inscrición
O prazo de presentación de solicitudes comezará ao día seguinte da publicación da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia e rematará o día 27 de decembro de 2024 ás 23:59. Os establecementos interesados deberán presentar obrigatoriamente a solicitude de participación no concurso por medios electrónicos.
Os establecementos interesados deberán presentar obrigatoriamente a solicitude de participación no concurso por medios electrónicos, a través do formulario CO006COM2-Concurso-de-escaparates-Nadal-2024. A solicitude debe presentarse na sede electrónica do Concello de Santiago (sede.santiagodecompostela.gal) a través o trámite “Solicitude de subvención” dentro do catálogo de trámites dispoñible ou premendo neste enlace Trámite concurso nadal na sede electrónica a continuación ir ao apartado Tramitación online, para poder identificarse. Subir a solicitude cuberta e asinada e a memoria explicativa do concepto de escaparate, para finalizar o rexistro electrónico.
Os participantes deberán enviar dúas fotografías do escaparate ao correo comercio@santiagodecompostela.gal.
Documentos relacionados
- Máis información: https://i.gal/COh9N
- Bases xerais da convocatoria