A alcaldesa intervén no encontro da Confederación de Empresarios de Galicia (CEG)

Departamento de comercio2

25/02/2025

A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, participou esta mañá no acto do encontro da Confederación de Empresarios de Galicia (CEG) que tivo lugar no Hostal dos Reis Católicos.

Na súa intervención, a rexedora deu a benvida ao presidente da CEOE, Antonio Garamendi, a convidou ao asistentes a trasladar “as múltiples ventaxas que Santiago de Compostela ofrece como sede de eventos do sector mais tamén como motor para afondar nos distintos retos que o sector económico ten que afrontar nos próximos tempos, nun tempo de transformación vertixinosa que precisa diálogo, investigación e responsabilidade”.

Goretti Sanmartín tamén reivindicou “os pequenos establecementos que abren as súas portas cada día, as persoas que rematan os seus estudos e abren os seus despachos ou consultas nesta cidade; e os artistas, creadoras, artesáns que atopan en Compostela o mellor lugar para continuar unha tradición e innovala e de novas formas de avanzar desde o sector da economía social”. 

Entradas relacionadas