Texto consolidado do Plan Estratéxico de Subvencións 2020/2024 da Deputación Provincial da Coruña

Axudas e subvencións comercio Santiago

Ficha da subvención

Denominación

Texto consolidado do Plan Estratéxico de Subvencións 2020/2024 da Deputación Provincial da Coruña

Convocatoria: Pechada

Data de publicación: 13/05/2024

información, ligazóns e consultas

Publicación DOG / BOE

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA
Servizo de Desenvolvemento Territorial e Transición Ecolóxica
Texto consolidado do Plan Estratéxico de Subvencións 2020/2024 da Deputación Provincial da Coruña

O Pleno da Deputación provincial da Coruña, na sesión celebrada o día 27 de outubro de 2023, aprobou a prórroga para o exercicio de 2024 do Plan Estratéxico de Subvencións 2020/2022, aprobado na sesión plenaria común celebrada o día 28 de febreiro de 2020, coas súas modificacións posteriores, incluíndo as que se refiren á actividade de fomento provincial que se realiza en réxime de publicidade e concorrencia, e excluíndo  expresamente as relativas ás subvencións nominativas.

No apartado 5.º de dito acordo plenario disponse a publicación do texto consolidado do Plan Estratéxico de Subvencións da Deputación da Coruña 2020/2022, prorrogado para a anualidade de 2024, no Portal de Transparencia da Deputación da Coruña e na Base de datos Nacional de Subvencións.

A continuación publícase para xeral coñecemento o Texto Consolidado ao 31 de decembro de 2023 do “Plan Estratéxico de Subvencións 2020/2022, prorrogado para 2024, da Deputación provincial da Coruña”, que está constituído polos seguintes documentos:

– Plan Estratéxico de Subvencións 2020/2024
– Anexo 1: Fichas informativas da actividade de fomento provincial no exercicio 2024
– Anexo 2: Extractos da normativa de subvencións con relación aos plans estratéxicos de subvencións

Entidades beneficiarias

Á espera da publicación das bases para cada subvención.

Lugar e prazo de presentación

Prazo de presentación de solicitudes

Á espera da publicación das bases para cada subvención.

Lugar de presentación

As solicitudes poden tramitarse por medios electrónicos, a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Deputación Provincial da Coruña.

 

Entradas relacionadas