Campaña “12 comercios, 12 sensibilidades” protagonistas no mes de decembro

Departamento de comercio2

A campaña “12 comercios, 12 sensibilidades”

31/12/2024

💜 A campaña #12Comercios12Sensibilidades remata o 2024 coa satisfacción de ter demostrado que o comercio local é moito máis que un espazo de venda: é un motor de cambio social, comprometido coa comunidade e coa creación dun mundo máis xusto e solidario.

🤗 Grazas a todas as persoas que vos involucráchedes nesta iniciativa. GRAZAS, GRAZAS, GRAZAS!

🥰 Prestade atención ás nosas redes sociais, porque 2025 xa está a piques de chegar, e trae consigo 12 comercios solidarios dispostos a achegar novas sensibilidades á cidade de Compostela.

25/12/2024

🤗 Por último, compartimos o video resume dos momentos máis destacados e emotivos ao longo deste mes da colaboración entre @quenllascq e a iniciativa @alasolvidadas , un proxecto feminista e transformador 📚💜.

🥰 Grazas de corazón a todas as persoas que fixeron doazóns, coas que conseguimos unha marabillosa recollida de libros dedicados para entregar ás mulleres que están no cárcere de Teixeiro, achegando literatura como un agarimo que traspasa barreiras 🤗.

20/12/2024

♀️O pasado venres 20 de decembro, Alba Mariño de @quenllascq achegou ao módulo feminino do cárcere de Teixeiro os libros dedicados doados ao longo deste mes para a iniciativa @alasolvidadas.

💜 Con esta colaboración solidaria literaria remata a campaña #12comercios12sensibilidades de 2024, na que o comercio local compostelán dou un paso ao frente para deixar claro que as tendas de proximidade son moito máis que un espazo de venda: forman unha parte fundamental do tecido social da nosa cidade.

20/12/2024

📖 Que libro lle regalarías a unha muller que está en prisión? Esta foi a iniciativa solidaria levada a cabo neste mes de decembro por @quenllascq para dar visibilidade a @alasolvidadas, no marco da campaña #12comercios12sensibilidades.

📹 Neste video amosamos unha pequena escolma da morea de libros recollidos ata o pasado mércores 18 e que foron entregados hoxe non cárcere de Teixeiro.

💜 Grazas pola boisima acollida que tivo esta ultima colaboración solidaria de 2024! 🙌🏻🙌🏻🙌🏻

17/12/2024

📚 Onte celebrouse un encontro literario da man de Alba Mariño de @quenllascq no centro social Maruxa e Coralia, para dar a coñecer a iniciativa @alasolvidadas e falar sobre o poder transformador da literatura con @romacarlosroma e @mosquetera_

🤗🤗🤗 Moitas grazas a todas as persoas que vos achegáchedes a coñecer un pouco mais da dura realidade que viven as mulleres que están no cárcere, que ademáis de ter a súa condena, sufren as circunstancias dun sistema penitenciario que non está pensado para as mulleres (o 93% das persoas no cárcere son homes). E moitas grazas tamén ás que doades libros con dedicatorias para entregar o vindeiro día 20 de decembro ás mulleres que están no módulo feminino no cárcere de Teixeiro.

💜 Este MÉRCORES 18 é o ultimo día para entregar un libro cunha dedicatoria especial nalgún dos puntos de recollida📍:

@quenllascq @maravallaxabons @atmosfera.sport_compostela @latiendademariasantiago @joyeriajoseantonio @xaquinpapeleria @creativasgalegas, entre outros.

13/12/2024

📹 Hoxe amosamos a web www.alasolvidadas.org para explicar de que trata a iniciativa solidaria @alasolvidadas que este mes de decembro está a amadriñar @quenllascq no marco da campaña do comercio local #12comercios12sensibilidades.

📖 Que libro lle regalarías a unha muller que está en prisión?

👉 Recollida de libros en Santiago de Compostela ata o 18 de decembro! Puntos de recollida: @quenllascq @latiendademariasantiago

@joyeriajoseantonio @maravallaxabons

@xaquinpapeleria @atmosfera.sport_compostela

@creativasgalegas @librarialiladelilith

@libreriaminuscula @librariacouceiro @libreros_y_cronopios @libreria.aenea

10/12/2024

María Rozas visita “Quenlla SCQ”, protagonista en decembro da campaña “12 comercios, 12 sensibilidades”

A concelleira de Dereitos e Servizos Sociais, Promoción Económica e Xuventude, María Rozas, achegouse esta mañá ao establecemento “Quenlla SCQ”, que pecha este mes a campaña “12 Comercios, 12 Sensibilidades”. A tenda da rúa das Ameas está dando a coñecer o labor da ONG “A las olvidadas”, a través da recollida de libros para mandar ás presas do módulo de mulleres de Teixeiro.

No marco da campaña, Quenlla SCQ está recollendo libros para sérenlle enviados ás presas no módulo de mulleres de Teixeiro. Alba Mariño, responsable da tenda, explica que os libros deben estar dedicados “para mandarlles a estas mulleres unha mensaxe de afecto e esperanza, cando pensan que o teñen todo perdido”.

A concelleira María Rozas salientou o éxito da campaña “12 Comercios, 12 Sensibilidades”, que puxo o foco “na calidade do comercio local, e os seus valores solidarios”.

No marco desta campaña, o próximo luns o CSC Maruxa e Coralia acollerá un encontro literario con Lúa Mosquetera e Carlos Roma, a partir das 19.00 horas.

Enlaces relacionados

Iniciativa ‘A las olvidadas’

9/12/2024

👉🏻 O vindeiro luns 16 de decembro, no marco da campaña #12comercios12sensibilidades, @quenllascq convoca un Encontro Literario no Centro Sociocultural Maruxa e Coralia ás 19:00 h. no que se falará sobre a iniciativa @alasolvidadas e o poder transformador da literatura da man de Alba Mariño (xerente de Quenlla SCQ) e dos escritores @mosquetera_ e @romacarlosroma .

🗓️ Luns 16 de decembro

📍 Centro social Maruxa e Coralia

⏰ 19:00 h

📚PARTICIPA! Doa un libro que te marcou, que che fixo rir ou que che axudou nos momentos máis difíciles. Engade unha dedicatoria escrita coa alma, e entrégao nalgún dos puntos de recollida antes do 18 de decembro.

📍 Puntos de recollida:

@quenllascq@maravallaxabons@atmosfera.sport_compostela@latiendademariasantiago@joyeriajoseantonio@xaquinpapeleria@creativasgalegas , entre outros.

💜 Axúdanos a levar esperanza e segundas oportunidades. As reclusas do cárcere de Teixeiro recibirán os libros o día 20 de decembro, un agasallo que significa moito máis do que imaxinamos.

🤗 Grazas por ser parte desta iniciativa solidaria. En palabras de Alba Mariño «Non somos só negocios. Somos persoas que queremos deixar unha pegada positiva na nosa cidade.»

04/12/2024

📖 Que libro lle regalarías a unha muller que está en prisión? Non se trata só dun libro, senón dunha mensaxe, dunha conexión, dun apoio emocional con mulleres que se atopan nunha situación de grande vulnerabilidade.

📊 Neste carrusel aportamos información sobre as difíciles condicións que afrontan as reclusas. Sabías que en España só hai 3 prisións exclusivas de mulleres? O resto son módulos de mulleres de tro de prisións de homes, sen recursos específicos para elas. Sabías que padecen enfermidades mentais a unha taxa alarmante?

👉 Cada libro, cada mensaxe personalizada, pode facer moito máis do que imaxinamos. Consulta os puntos de recollida dispoñibles e únete a esta acción solidaria para ofrecer refuxio, reflexión e esperanza a quen máis o precisa.

💜 Grazas por ser parte desta iniciativa!!

03/12/2024

🌟 Este mes en #12comercios12sensibilidades as protagonistas son as mulleres que están no cárcere, unha realidade que nos achega @quenllascq a través da iniciativa @alasolvidadas .

💌 Como poder participar nesta colaboración solidaria?

1️⃣ Escolle un libro especial, feminista e de actualidade, ese que che cambiou a vida ou che fixo sorrir.

2️⃣ Escribe unha dedicatoria dende o corazón (ten que ser moito máis que un “espero que te guste”)

3️⃣Entrégao en Quenlla SCQ antes do 18 de decembro, ou nalgún dos puntos de recollida habilitados (@maravallaxabons@joyeriajoseantonio@latiendademariasantiago@atmosfera.sport_compostela@xaquinpapeleria@creativasgalegas , entre outros)

📚 Este pequeno xesto pode significar un mundo para quen o reciba. Axúdanos a levar cultura, apoio e humanidade alí onde máis se precisa!



O comercio de Santiago amosa a súa cara máis solidaria co proxecto “12 comercios, 12 sensibilidades”

01/12/2024 Unha ducia de comerciantes de Santiago veñen de xuntarse nun novidoso proxecto que ten como obxectivo darlle visibilidade a outras tantas entidades solidarias. Baixo o nome “12 Comercios, 12 Sensibilidades”, a iniciativa permitirá tamén favorecer o fluxo de clientela entre pequenos establecementos de diferentes puntos da cidade e dedicados a distintos sectores. O programa conta coa colaboración da Concellaría de Dereitos e Servizos Sociais, Promoción Económica e Xuventude

A través de “12 Comercios, 12 Sensibilidades”, doce establecementos de Santiago darán a coñecer outras tantas entidades sociais e solidarias ao longo de todo o ano. Cada mes, a iniciativa será protagonizada por un comercio, que difundirá o labor dunha entidade concreta a través de actividades como exposicións, charflas ou obradoiros. 

Este mes de decembro, a campaña #12comercios12sensibilidades chega á súa última parada do ano cunha colaboración moi especial: @quenllascq únese á iniciativa @alasolvidadas, que ten por obxectivo dar visibilidade e apoio ás mulleres presas, un colectivo totalmente invisible na nosa sociedade. Organizada pola asociación @tetayteta, unha asociación sen ánimo de lucro pero con ánimo de reivindicar liberdade feminina a través da creatividade e o activismo. Levan libros dedicados pola xente ás mulleres das prisións, dende que comenzaron levan entregados preto de 11.000 libros. Libros para evadirse pero tamén para xerar reflexión e debate ao redor dun colectivo invisible para a sociedade e discriminado polo sistema penal porque son minoría.
As dedicatorias son a esencia da iniciativa, o abrazo, o creo en ti, o espéroche fóra, a demostración de que alguén pensou nelas. Pararse a escribir unha dedicatoria crea un vínculo con elas e no vínculo, está a forza. O cárcere deshumaniza moito e as dedicatorias dalgunha maneira devolven algo desa humanidade.  Canto máis longa é a dedicatoria, máis longo é o abrazo. Actualmente a convocatoria está pechada, esperan abrir outra pronto.

En Quenlla SCQ, na rúa das Ameas, no Mercado de Abastos C25-26,  poderemos atopar un stand informativo de A las Olvidadas para dar apoio a esta entidade. Quenlla SCQ,  aposta desde hai case 12 anos polo deseño, os complementos e a ilustración de autoras e autores galegos ou vencellados coa nosa terra. Quenlla SCQ, é unha pequena tenda de deseño, onde poderedes atopar dunha ampla selección de bixutería e complementos, artigos de decoración, roupa infantil, enxoval de fogar, produtos galegos etc. Quenlla SCQ é o recuncho coa maior concentración de deseño por metro cadrado de toda Galicia e parte do universo… Onde acharedes complementos e obxectos orixinais, desde pendentes a fotos, cuncas e moitas cousas bonitas máis.

Ao longo deste mes de decembro, realizarase unha recollida de libros dedicados para achegalos a estas mulleres co ánimo de ofrecerlles refuxio, reflexión e esperanza.

Recordarvos que está foi a derradeira cita do calendario de 12 Comercios, 12 Sensibilidades, moitas grazas a todas as persoas que participaron e que fixeron posible esta campaña coa que se pretendeu dar visibilidade aos comercios locais e apoiar as diversas causas das entidades solidarias que colaboraron nesta iniciativa.

Reflexión:

A campaña 12 comercios, 12 sensibilidades puxo de relevo a importancia de apoiar a estas pequenas e medianas empresas (Pemes) que desempeñan unha economía local e ofrecen produtos e servizos únicos, xeran emprego e promoven un sentido de pertenza a unha comunidade,  a compostelá. As Pemes son a alma de Compostela, xa que non só ofrecen bens e servizos de calidade, senón que tamén crean un ambiente acolledor e próximo para a veciñanza. Ao visitar estes comercios, a clientela non só atopa o que necesita, senón que tamén establece relacións persoais coas persoas empresarias e empregadas, creando un lazo de confianza e lealdade mutua. Dende Comercio, o noso recoñecemento á valentía e o esforzo dos comerciantes locais que traballan día a día por sacar adiante o seu negocio e que coa súa paixón e dedicación marcan a diferenza na nosa comunidade,  son o motor da economía local. Este proxecto remata o ano demostrando que o comercio local pode ser tamén un motor de cambio social. Cada xesto conta para fortalecer o tecido empresarial de Compostela, dende aquí poñemos o noso gran de area.

Entradas relacionadas