A Festa do Banquete de Conxo

conxo_rectangular (1)

🎩 Queda un mes para celebrar a Festa do Banquete de Conxo!!! Coñeces a historia?👇

Tres días de celebración para lembrar o convite que reuniu ao redor da mesma mesa a estudantes universitarios, obreiros e artesáns o 2 de marzo de 1856 para reivindicar a igualdade e a liberdade, queda na memoria colectiva como un dos acontecementos fundacionais do galeguismo.

Na quinta edición do Banquete de Conxo repite o tren turístico, que vai estar a disposición da cidadanía e visitantes para traslados de balde entre a Alameda, no centro da cidade, e o barrio de Conxo.

Teñen prioridade as familias con peques, persoas con mobilidade reducida e persoas vestidas de época, e conta con paradas sinalizadas.

HORARIOS PROVISIONAIS-PENDENTES DE CONFIRMACIÓN

Tren Banquete de Conxo

O tren do Banquete de Conxo contará, en pases determinados (marcados con asterisco *), con música tradicional a bordo a cargo das agrupaciones de música tradicional do barrio de Sar e a parroquia de Villestro.


HORARIOS, PERCORRIDO E DURACIÓN DE CADA TRAXECTO DO TREN DO BANQUETE DE CONXO

DURACIÓN DE CADA TRAXECTO: 15 min aprox


PERCORRIDO:
Alameda a Conxo: Avenida de Xoán Carlos I (parada de bus urbano junto a iglesia del Pilar – Avenida de Rosalía de Castro – Praza de Vigo – Avenida de Vilagarcía – Avenida de Romero Donallo – Rúa de García Prieto – Rúa de Sánchez Freire – Rúa do Campo de Conxo.

Conxo a Alameda: Conxo – Rúa de Conxo de Arriba – Avenida de Ferrol – Avenida de Romero Donallo – Avenida de Rosalía de Castro – Avenida de Xoán Carlos I (parada de bus urbano junto a escalinata rúa da Carreira do Conde.


Sábado 25 maio
· Parada Aurelio Aguirre [Parque da Alameda]
11.00, 12.00, 13.00, 17.00*, 18.00*, 19.00*, 20.00* hrs.
· Parada Luis Rodríguez Seoane [Rúa do Campo de Conxo]
Exclusiva para desembarque. 15 min máis tarde que anterior.
· Parada Rosalía de Castro  [Praza de Martín Herrera]
11.30, 12.30, 13.30, 17.30*, 18.30*, 19.30*, 20.30 hrs.
· Parada Eduardo Pondal [Rúa da Carreira do Conde]
Exclusiva para desembarque. 15 min máis tarde que anterior.

Domingo 26 maio
· Parada Aurelio Aguirre [Parque da Alameda]
11.00*, 12.00*, 13.00*, 16.00, 17.00, 18.00, 19.00 hrs.
· Parada Luis Rodríguez Seoane [Rúa do Campo de Conxo]
Exclusiva para desembarque. 15 min máis tarde que anterior.
· Parada Rosalía de Castro  [Praza de Martín Herrera]
11.30*, 12.30*, 13.30*, 16.30, 17.30, 18.30, 19.30 hrs.
· Parada Eduardo Pondal [Rúa da Carreira do Conde]
Exclusiva para desembarque. 15 min máis tarde que anterior.

Cartaz 2024

Entradas relacionadas