Santiago Centro pon en marcha o día 8 de xullo unha campaña de Rebaixas de verán que premia aos clientes coa opción de obter bonos de compra por valor de 50€.
Sortearanse 30 bonos de 50€ en forma de saldo na aplicación Santiago Centro VIP ou na tarxeta física de fidelización, entre as persoas que realicen compras por un importe mínimo de 10€, entre os días 8 e 30 de xullo de 2024. Antes deberán rexistrar esa compra a través da aplicación, ou identificándose coa tarxeta nos establecementos adheridos.
Para poder participar, os clientes deben estar dados de alta na aplicación (dispoñible en iOS e Android) ou ter a tarxeta física, previo rexistro nun comercio adherido. Deberán identificarse no comercio no momento de realizar a compra. Deste xeito, entrarán no sorteo que se realizará a través da aplicación o día 31 de xullo. As persoas gañadoras daranse a coñecer na propia aplicación e tamén nas redes sociais de Santiago Centro.
O período para canxear os bonos con compras vai do 31 de xullo ao 20 de agosto de 2024. A partir desta última data, o saldo que non se utilice desaparecerá da conta dos usuarios.
Lembra que para poder acceder a este sorteo, deberás realizar unha compra mínima de 10 euros. Terás tantas oportunidades de obter premio como número de compras realices.
A campaña está promovida polo centro comercial aberto do Ensanche, Santiago Centro, coa colaboración da Xunta de Galicia e o Concello de Santiago.
Consulta e descarga aquí as Bases da campaña.