A campaña “12 comercios, 12 sensibilidades” 2025
03/02/2025
A semana pasada, Ramón Castro entrevistou a Curru de Cousalinda, comercio que dou visibilidade á Asociación Española Contra el Cáncer ao longo do mes de xaneiro na campaña #12comercios12sensibilidades.
Moi agradecidas polo apoio de Onda Cero a esta campaña do comercio local compostelán, no marco da sección Recomenda-acción do programa “Más de uno Compostela” en Onda Cero.
03/02/2025
Con este reel lembramos a colaboración solidaria do mes de xaneiro, cun resumo de todos os momentos vividos en @cousalinda.modaycomplementos apoiando a @contraelcancer.acoruna no marco de #12comercios12sensibilidades.
Moitas persoas achegáronse para informarse, apoiar a causa e participar no sorteo solidario. Ademais, conseguimos amplificar a mensaxe grazas á vosa colaboración e difusión.
Grazas de corazón a todas as persoas que fixestes posible esta acción, demostrando que o pequeno comercio tamén pode ser un motor de cambio social. Seguimos en febreiro cun novo comercio e unha nova causa!
03/02/2025
Xa temos gañadora do #sorteomensual de #12comercios12sensibilidades neste mes de xaneiro en @cousalinda.modaycomplementos!
Entre todas as persoas que se achegaron á tenda para interesarse pola colaboración solidaria con @contraelcancer.acoruna, Curru sacou ao chou a papeleta gañadora… e a afortunada foi Lucía!
En breve contactará con ela para facerlle entrega do pack de produtos solidarios da AECC.
Lémbrade! Cada mes hai un novo sorteo no comercio protagonista de #12comercios12sensibilidades!
31/01/2025
Ana Peinó, vicepresidenta da xunta local de Santiago de Compostela de AECC, cóntanos desde @cousalinda.modaycomplementos todo o que @contraelcancer.acoruna fai polas pacientes oncolóxicas e as súas familias.
#12comercios12sensibilidades é unha campaña que actúa como altofalante para dar visibilidade e apoiar iniciativas sociais con impacto na nosa contorna.
Súmate á causa, axúdanos a darlle difusión á colaboración solidaria de xaneiro para unirte a construir unha Compostela máis solidaria!
30/01/2025
Cousalinda recibiu a visita da edila María Rozas, que se achegou para coñecer de primeira man a colaboración solidaria que está a desenvolver ao longo deste mes de xaneiro con Asociación Española Contra el Cáncer
Ata o 31 de xaneiro, achégate á tenda ubicada na rúa das Orfas n⁰9 para saber todo o que fai AECC en Compostela polas personas enfermas de cancro e os seus familiares
.
28/01/2025
Este 2025, a campaña #12comercios12sensibilidades trae unha novidade especial: un #sorteomensual que terá lugar no comercio protagonista de cada mes!
Como participar?
Achégate a Cousalinda cun flyer da campaña, que poderás conseguir en calquera dos 12 comercios participantes.
Deposita a túa participación na urna do sorteo.
En xaneiro, o premio é un pack de produtos solidarios da AECC Asociación Española Contra el Cáncer. O sorteo celebrarase o 31 de xaneiro pola tarde en Cousalinda!
Anímate a participar e forma parte desta iniciativa solidaria!
24/01/2025
No marco da campaña de economía circular e compromiso social #12comercios12sensibilidades, Cousalinda está a dar visibilidade á AECC Asociación Española Contra el Cáncer.
As asociacións como a AECC realizan unha enorme labor axudando a pacientes oncolóxicas e ás suas familias.
Está nas nosas mans axudalas a seguir adiante. Difundamos o seu traballo, apoiemos as súas iniciativas e colaboremos coas achegas que poidamos.
O comercio de Santiago MOSTRA O SEU COMPROMISO SOCIAL coa volta do proxecto “12 comercios, 12 sensibilidades” 2025
24/01/2025 Trala boa acollida do ano pasado, voltamos repetir esta iniciativa na que participan unha ducia de comerciantes de Santiago para darlle visibilidade a outras tantas entidades solidarias ao longo de todo o ano. Baixo o nome “12 Comercios, 12 Sensibilidades” 2025, a iniciativa permitirá favorecer o fluxo de clientela entre pequenos establecementos de diferentes puntos da cidade e dedicados a distintos sectores, así como dar a coñecer as entidades solidarias coas cales cada comercio se xunta ao longo do mes. O programa conta coa colaboración da Concellaría de Dereitos e Servizos Sociais, Promoción Económica e Xuventude.
Cada mes, a iniciativa será protagonizada por un comercio, que difundirá o labor dunha entidade concreta a través de actividades como exposicións, charlas ou obradoiros.
A campaña iniciouse este mes de xaneiro, onde as protagonistas que colaboran solidariamente no marco de 12 Comercios 12 Sensibilidades son Cousa Linda e a Asociación Española contra o Cancro.
O programa chega da man de Cousalinda que dará visibilidade a Asociación Española Contra el Cáncer, unha a asociación sen ánimo de lucro que está presente a nivel nacional. O seu obxectivo é superar o 70 % de supervivencia en cancro en 2030. Para conseguilo seguen apostando pola: Investigación, impulsamos a investigación en cancro para que os pacientes teñan acceso á medicina e os tratamentos máis innovadores. Prevención, fomentamos hábitos de vida saudable e queremos conseguir que a primeira xeración libre de tabaco sexa unha realidade en 2030. Apoio a pacientes e familiares, defendemos un modelo de atención integral e multidisciplinar no que todas as persoas con cancro teñan acceso aos nosos servizos.
Cousalinda é unha tenda de moda e complementos que nace no Milladoiro e se traslada a Rúa das Orfas no centro histórico de Santiago. Tratan de ter prezos para todos os petos, sen renunciar á orixinalidade do produto e á mellor atención. Son fieis ao seu estilo (ao teu) e poñen moito mimo en todo o proceso, desde a selección inicial dos produtos ata o momento da venda, pasando polo como e onde mostrarche todo o que elixen.
Recordámosvos as próximas citas do calendario de 12 Comercios, 12 Sensibilidades 2025