Campaña “12 comercios, 12 sensibilidades” 2025 protagonistas no mes de decembro

12c12slogocomer (1)

A campaña “12 comercios, 12 sensibilidades” 2025

O comercio de Santiago MOSTRA O SEU COMPROMISO SOCIAL coa volta do proxecto “12 comercios, 12 sensibilidades” 2025

02/12/2025 A campaña “12 comercios, 12 sensibilidades” chega ao remate da súa segunda edición con Trisquel Artesanía e a Asociación Dano Cerebral de Santiago como protagonistas deste mes de decembro. 

A Asociación de Dano Cerebral de Santiago é unha entidade que traballa para brindar atención, neurorehabilitación, orientación e apoio ás persoas con Dano Cerebral Adquirido e ás súas familias. Naceu vai 25 anos como Sarela, nome que mudaron o ano pasado como resultado dun proceso de unificación e confluencia do movemento asociativo a nivel estatal, autonómico e local. 

Pola súa banda, Trisquel Artesanía é unha tenda dedicada á venda de produtos artesanais situada na rúa da Acibechería, ao carón da Catedral: artesanía en prata, acibeche, madeira, téxtil. Fundada en 1998 coa música galega como eixo, hoxe en día continúa a preservar ese núcleo cultural. 

As persoas interesadas en coñecer máis sobre o labor desta entidade social, poderán pasarse polo stand informativo situado no local de Trisquel Artesanía; onde tamén se poden adquirir produtos solidarios. 

O programa, que conta coa colaboración da Concellaría de Dereitos e Servizos Sociais, Promoción Económica e Xuventude, xorde pola iniciativa das propias comerciantes; dando mostra do compromiso que ten o comercio local santiagués coa comunidade. Con esta iniciativa de colaboración con distintas entidades búscase non só a visibilidade do comercio de proximidade, senón a participación efectiva no proceso de cambio social. 

 
 

Entradas relacionadas