A campaña “12 comercios, 12 sensibilidades” 2025
06/03/2025
Durante todo o mes de marzo, achégate ao @Escondi.t para coñecer o gran labor de @obrasocialpediatria, que traballa para mellorar a atención e a calidade de vida dos nenos hospitalizados no CHUS.
No punto informativo atoparás folletos explicativos e merchandising solidario. Cada pequena achega suma para seguir impulsando a investigación en pediatría, a humanización dos espazos hospitalarios e a asistencia integral ás familias.
Tamén están programadas varias actividades e talleres para crianzas e familias no espazo de xogo de EscondiT (info e reserva de prazas na ligazón da bio
)
E como cada mes… toca sorteo! #sorteomensual
Queres gañar un dos 2 lotes de produtos solidarios de Obra Social Pediatría? Participar é moi fácil:
Achégate a @Escondi.t cun flyer da campaña, que podes conseguir en calquera dos 12 comercios participantes.
Deposita a túa participación na urna do sorteo.
O sorteo celebrarase o 31 de marzo pola tarde en EscondiT.
Anímate a participar, difunde e axuda a que esta iniciativa chegue moi lonxe! Xogar tamén é coidar!
03/03/2025
No marco da colaboración solidaria de @escondi.t con @obrasocialpediatria, estas son as actividades programadas para deste mes de marzo:
BOAS VIBRAS (Proxecto ARPA) – Mércores 5 marzo | 17:30 h
A música como ferramenta terapéutica! Nuria León Viloria recreará o proxecto que leva ao CHUS, onde a arpa acompaña ós pequenos pacientes, creando un espazo de calma e conexión a través do son.
APRENDENDO A SALVAR UNHA VIDA – Sábado 15 marzo | 11:00 h
Un obradoiro práctico para pais e nen@s, impartido por profesionais do Servizo de Pediatría do CHUS, onde aprenderemos como actuar ante unha urxencia como un atragantamento ou unha parada cardiorrespiratoria.
ABRAZANDO EMOCIÓNS – Martes 18 marzo | 17:30 h
A psicóloga clínica Anxela Delgado guiaranos nun espazo para recoñecer, entender e abrazar as nosas emocións, lembrando que todas son necesarias e teñen un propósito.
CONTACONTOS: Respiración, Lingoreta e Lingoreto – Sábado 29 marzo | 11:00 h
Un conto de Diana Lameiro, narrado por Vanesa Estévez, para concienciar sobre a importancia da respiración nasal e os seus efectos na saúde infantil. Este día, tamén podes traer un libro que xa non uses para darlle unha segunda vida no hospital .
Reserva a túa praza en: linktr.ee/12comercios12sensibilidadesscq (Aforos limitados!)
Xogar tamén é coidar! Anímate a participar!
O comercio de Santiago MOSTRA O SEU COMPROMISO SOCIAL coa volta do proxecto “12 comercios, 12 sensibilidades” 2025
01/03/2025 Trala boa acollida do ano pasado, voltamos repetir esta iniciativa na que participan unha ducia de comerciantes de Santiago para darlle visibilidade a outras tantas entidades solidarias ao longo de todo o ano. Baixo o nome “12 Comercios, 12 Sensibilidades” 2025, a iniciativa permitirá favorecer o fluxo de clientela entre pequenos establecementos de diferentes puntos da cidade e dedicados a distintos sectores, así como dar a coñecer as entidades solidarias coas cales cada comercio se xunta ao longo do mes. O programa conta coa colaboración da Concellaría de Dereitos e Servizos Sociais, Promoción Económica e Xuventude.
Cada mes, a iniciativa será protagonizada por un comercio, que difundirá o labor dunha entidade concreta a través de actividades como exposicións, charlas ou obradoiros.
O programa para este mes de marzo ten como protagonistas ás crianzas, vai estar marcado pola unión entre o mundo do xogo educativo e o apoio ás nenas e nenos hospitalizados xa que Escondi T dará visibilidade a @obrasocialpediatria do CHUS que é unha iniciativa que traballa para mellorar a calidade de vida dos nenos hospitalizados e das súas familias, humanizando os espazos e fomentando a investigación pediátrica. Baixo o lema «Coidamos dos nenos. Investigamos polos nenos», Obra social Pediatría ten como obxectivo conseguir achegar a investigación de vangarda ao paciente individual, nun servizo asistencial que combine a mellor atención sanitaria cos valores de humanización no camiño da excelencia, a través dun traballo colaborativo multidisciplinar que implique tamén a estreita colaboración con outros axentes públicos e privados.
O equipo humano do Servizo de Pediatría do Hospital Clínico Universitario de Santiago de Compostela está comprometido coa excelencia asistencial centrada na rapazada, pero non limitada aos mellores coidados médicos, senón á asistencia integral do paciente pediátrico e os seus familiares. Polo tanto, prestan asistencia á rapazada, pacientes de 0 a 16 anos, e os seus familiares obrigados a prolongar a súa estancia no Hospital (en consultas externas, en urxencias pediátricas, os ingresados en planta de hospitalización, en UCI pediátrica ou os que se atopan en réxime de hospital de día). As accións reflectidas no proxecto facilitan a posibilidade de soportar con maior dignidade situacións tan complexas como as que supón afrontar unha enfermidade crónica, terminal ou moi grave dun ou dunha menor de idade.
En Escondi T, na rúa Rosalía de Castro número 1 e con máis de 20 anos no mercado, consolidouse como un dos referentes na cidade cando se trata de atopar ese agasallo especial para os máis pequenos e non tan pequenos, porque o xogar non ten idade. EscondiT non é só unha xoguetería, senón tamén un lugar de encontro para experimentar, compartir e aprender. Escondi T, está a vosa disposición tanto como unha xoguetería educativa especializada en material de apoio e aprendizaxe así como para poñer ao voso servizo un espazo para xogo en familia no que desenvolver a creatividade e a aprendizaxe, tamén organiza torneos de xadrez, talleres, charlas, actividades divulgativas etc. Educación especial.
Por que visitar EscondiT este mes? Durante todo o mes de marzo atoparás un punto informativo para coñecer mellor o labor de Obra Social Pediatría. Ademais, están previstas varias actividades solidarias abertas a nen@s e familias (prazas limitadas, precísase inscrición) e o sorteo do mes (un lote de produtos solidarios).
Entre todos conseguiremos debuxar un sorriso nos nenos e nenas da planta de pediatría do CHUS. Axúdasnos?
Prestade atención ás nosas redes sociais, pronto desvelaremos todas as actividades previstas no marco desta marabillosa colaboración.
Recordámosvos as próximas citas do calendario de 12 Comercios, 12 Sensibilidades 2025