Campaña “12 comercios, 12 sensibilidades” protagonistas no mes de maio

Departamento de comercio2

31/05/2024

Resumo de actividades do mes de maio

27/05/2024

O luns 27 de maio, @xaquinpapeleria organizou xunto con @agadeaalzheimersantiago unha charla-obradoiro de Concienciación sobre o Alzheimer no @cscdoensanche.

👏 A actividade resultou moi enriquecedora, onde as asistentes coñeceron de primeira man os servizos que ofrece a asociación, ademáis de compartir as súas propias experiencias como coidadoras de persoas con Alzheimer.

🙏 Moitas grazas a Sara e Cristina, educadoras sociais de AGADEA, pola vosa intervención, e a todas as persoas que participaron na charla.

Charla-obradoiro de Concienciación sobre o Alzheimer

24/05/2024

#SORTEO!!! Desde a iniciativa de #12comercios12sensibilidades sorteamos en Instagram un lote formado por 2 camisetas AGADEA e 1 exemplar do libro “Sobremesas sobre versos” de Raquel Castro, gañadora do 1⁰ Premio de Literatura Infantil Simbad para o recordo e o Alzheimer.

COMO PARTICIPAR:

1️⃣ Segue as contas de instagram de: @12comercios12sensibilidadess@xaquinpapeleria e @agadeaalzheimersantiago👆

2️⃣ Dálle a “me gusta” a este post. ❤️

3️⃣Menciona a unha amiga/o en comentarios (podes participar cantas veces queiras nomeando a diferentes persoas). 💃🕺

🫂 Comparte este post en stories para que máis xente coñeza está iniciativa solidaria que se desenvolverá ao longo de todo o ano 2024 no comercio local de Compostela 🤗.

INFO:

🎁 A 𝗿𝗲𝗰𝗼𝗹𝗹𝗶𝗱𝗮 𝗱𝗼 𝗽𝗿𝗲𝗺𝗶𝗼 realizarase no establecemento de Papelería Xaquín

📅 Pódese 𝗽𝗮𝗿𝘁𝗶𝗰𝗶𝗽𝗮𝗿 ata o vindeiro mércores 29 de maio.

🎯 O sorteo realizarase o xoves 30 de maio a través dun software específico para tal fin.

ℹ️ Sorteo exclusivo para Instagram: https://www.instagram.com/p/C7XaKAKoy5_/?igsh=MWZjY2JpOXU1cGhxNA==

Moita sorte!! 🤞🍀✨

Sorteo

22/05/2024

📢 Dentro das actividades previstas na colaboración solidaria deste mes de maio, o vindeiro luns desenvolverase un charla-obradoiro de conciención sobre o Alzheimer no Centro Sociocultural do Ensanche.

👉 Organiza Papelería Xaquín e Agadea Alzheimer, no marco da campaña #12comercios12sensibilidades.

📅📌 Luns 27 de maio

🕙 18:00 h

🆓 Entrada libre ata completar aforo.

Cartaz 27/05/2024

13/05/2024

No marco da campaña solidaria 12 Comercios, 12 Sensibilidades, a Papelería Xaquín súmase á causa de visibilizar e apoiar a Agadea, a Asociación Galega para a Axuda dous Enfermos con Demencia tipo Alzheimer..

Nunha entrevista realizada a María Mato, xerente de Papelería Xaquín e Isabel Gey, presidenta de Agadea, destacaron a importancia de concienciar sobre o Alzheimer, unha enfermidade que afecta a 1 de cada 10 persoas maiores de 65 anos. É crucial a detección precoz, xa que se pode identificar ata 20 anos antes de que aparezan os primeiros síntomas. Aínda que actualmente só hai tratamentos dispoñibles para casos non avanzados, espérase a aprobación dun medicamento que xa está en uso en Estados Unidos e Xapón.

Esta colaboración entre Papelería Xaquín e Agadea busca sensibilizar á comunidade sobre o Alzheimer e apoiar a quen o padece, ofrecendo información e recursos para mellorar a súa calidade de vida e a das súas familias.

Entre as actividades desta campaña estivo as do pasado día 8 de maio coa presentación do libro «Sobremesas sobre versos» de Raquel Castro, gañadora do Primeiro Premio de Literatura Infantil Simbad para o recordo e o Alzheimer. Un acto celebrado no Centro Sociocultural do Ensanche.

👏 Agradecemos que pensaran en nós; o comercio local forma parte dos nosos recordos e das nosas vidas.😍

A próxima actividade realizarase o día 15 de maio para dar a coñecer mediante unha charla-obradoiro de musicoterapia

A campaña “12 comercios, 12 sensibilidades” ven cargada de actividades para este mes de maio.

06/05/2024

⭐ É o turno de Papelería Xaquín, que ao longo deste mes daralle visibilidade a Agadea Alzheimer, a Asociación Galega para a Axuda dos Enfermos con Demencia tipo Alzheimer.

📆📌 Este mes a colaboración solidaria de @xaquinpapeleria con @agadeaalzheimersantiago ven cargadiño de actividades 🎉. Tomade nota!

1️⃣ MÉRCORES 8, ás 10.30 h no Centro Sociocultural do Ensanche: Recital e presentación do libro “Sobremesas sobre versos” de Raquel Castro, gañadora do 1⁰ Premio de Literatura Infantil Simbad para o Recordo e o Alzheimer a cargo dos usuarios de AGADEA. Entrada libre ata completar aforo.

2️⃣ MÉRCORES 15, visitaremos un obradoiro de musicoterapia no centro terapéutico da asociación no Ensanche.

3️⃣ XOVES 16, visitaremos o Parlamento de Galicia acompañando aos usuarios de envellecemento activo de AGADEA.

4️⃣ LUNS 27, charla-obradoiro de conciención sobre o Alzheimer, ás 18.00 h. no centro sociocultural do Ensanche.

ℹ️ Coa colaboración:  

#comerciosantiago #comerciolocal #ApoiaOComercioLocal #eumercoaquí #ConsumoResponsable #EconomíaSocial #ComercioDeProximidade #ConsumoResponsable #EconomíaCircular #EmprendementoLocal #galiciasostible #comerciossolidarios
#xaquinpapeleria #prensa #papeleria #agasallos #filatelia #materialescolar #revistas #materialdeoficina #bellasartes
#agadea #alzheimer #demencia #demenciaalzheimer #alzheimersassociation #alzheimersawareness 

Cartel de actividades do mes de maio
Promoción
O comercio de Santiago amosa a súa cara máis solidaria co proxecto “12 comercios, 12 sensibilidades”

03/05/2024 Unha ducia de comerciantes de Santiago veñen de xuntarse nun novidoso proxecto que ten como obxectivo darlle visibilidade a outras tantas entidades solidarias. Baixo o nome “12 Comercios, 12 Sensibilidades”, a iniciativa permitirá tamén favorecer o fluxo de clientela entre pequenos establecementos de diferentes puntos da cidade e dedicados a distintos sectores. O programa conta coa colaboración da Concellaría de Dereitos e Servizos Sociais, Promoción Económica e Xuventude

A través de “12 Comercios, 12 Sensibilidades”, doce establecementos de Santiago darán a coñecer outras tantas entidades sociais e solidarias ao longo de todo o ano. Cada mes, a iniciativa será protagonizada por un comercio, que difundirá o labor dunha entidade concreta a través de actividades como exposicións, charflas ou obradoiros. 

O programa neste mes de maio chega á Papelería Xaquín que porá en valor o traballo da Asociación Galega de Axuda aos Enfermos con Demencia Tipo Azlhéimer (AGADEA), entidade sen ánimo de lucro formada por persoas usuarias, familiares, profesionais e voluntarios que traballan por mellorar a calidade de vida das persoas afectadas (persoas enfermas e coidadoras/es) pola enfermidade de Alzheimer e doutras demencias. Agadea Alzheimer naceu en Santiago o 25 de marzo de 1994 e está presente nos concellos de Santiago, Ribeira, Vedra, Teo e na Estrada. Contribúe a mellorar a calidade de vida das persoas afectadas mediante programas de estimulación terapéutica, envellecemento activo, activa-T, apoio as familias e o servizo de transporte adaptado.
Na Papelería Xaquín con 44 anos de historia na rúa Nova de Abaixo, 14 poderemos atopar un stand informativo da Asociación Agadea  para dar apoio a esta entidade. Desde 1980 a Papelería Xaquín en Santiago de Compostela, ofrece aos seus clientes produtos de primeira calidade, a un bo prezo. Todo o necesario en material de oficina, material escolar, agasallos, prensa, revistas, filatelia…

Os comercios participantes informarán das actividades de cada unha das entidades solidarias a través de diferentes iniciativas como poden ser charlas, distribución de material, ou exposicións. Tamén poderá haber recadación de fondos para as asociacións, a través da venda de produtos vinculados con elas. Como atractivo engadido, poderá haber diferentes vantaxes para a clientela dos establecementos como descontos, agasallos ou sorteos.

Recordámosvos as próximas citas do calendario de 12 Comercios, 12 Sensibilidades 👇
📅 Xuño
🫶 Acougo Acougo
 
📅 Xullo
🫶 Avante
 
📅 Setembro
🫶 Daquí Darredor

Entradas relacionadas