21/06/2024
Proceden de diferentes puntos de Galicia, así como de Asturias e País Vasco
Área Central acolle mañá sábado a I Xuntanza de patchwork, unha ocasión organizada por Lorena Blanco (@lorypatch) e o establecemento Fiar Fino que reunirá a preto de cen afeccionados a esta técnica de costura. O 18 de xuño celébrase o Día Internacional de Patchwork e é o motivo de que afeccionados de diferentes puntos de Galicia e do norte de España aproveitarán a xornada de mañá para reunirse, intercambiar coñecementos e realizar varios quilts (pezas de patchwork).
A reunión desenvolverase na esquina vermella de Área Central desde as 11:00 h ata as 18:00 h; por tanto, serán sete horas nas que sentarán para coser a máquina ou a man. A actividade complétase cunha exposición de quilts xa elaboradas anteriormente. Ademais dos afeccionados apuntados, o espazo estará aberto para que, quen o desexe, poida participar e elaborar as súas creacións.
Más información: Lorena Blanco (@lorypatch): 694460817
Última sesión da tempada de Ludoarte
Doutra banda, Área Central acolle mañá sábado a última sesión da tempada da súa ludoteca “Ludoarte”, un servizo dirixido aos pais todos os sábados durante o curso escolar para que poidan realizar as súas compras mentres os seus fillos quedan atendidos polo monitorado. A actividade desenvolverase de 18:00 a 20:00 horas e será a modo de festa de peche de tempada con pintacaras, tatuaxes, experimentos e agasallos de praia para os asistentes.
Exhibición de baile Balancé
Por último, o escenario de Área Central tamén acollerá mañá sábado o festival de fin de curso da academia de baile Balancé, unha actividade na que se reunirán uns 90 alumnos, que demostrarán todo o aprendido este curso e que estarán arroupados polos seus familiares. A exhibición terá lugar a partir de as 18:00 horas.