VI edición dos Premios PEL: premios ás iniciativas transformadoras da provincia

Axudas e subvencións comercio Santiago

Ficha da subvención

Denominación

VI edición dos Premios PEL: premios ás iniciativas transformadoras da provincia

Convocatoria: Aberta

Data de publicación: 15/05/2024

Prazo entrega solicitudes: Inicio 16/05/2024 Fin 18/06/2024

información, ligazóns e consultas

Bases da convocatoria

Extracto da convocatoria

Solicitude a través da Sede Electrónica

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA
Servizo de Desenvolvemento Territorial e Transición Ecolóxica

Mediante Resolución de Presidencia número 2024/18423, do 6 de maio, aprobáronse as bases reguladoras da VI edición dos Premios do Plan de Emprego Local (PEL-EPR PREMIO 2024).

BDNS (Identif.): 760228
De acordo co disposto nos artigos 17.3.b e 20.8.a da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria, cuxo texto completo se pode atopar na Base de Datos Nacional de Subvencións (https://
www.infosubvenciones.es/bdnstrans/GE/es/convocatoria/760228)

As bases reguladoras da VI edición dos Premios do Plan de Emprego Local (PEL- EPR PREMIO 2024) rexeranse polas Bases Xerais reguladoras dos programas de subvencións da Deputación Provincial da Coruña 2024, publicadas no BOP número 178, do 18 de setembro de 2023, así como polas bases específicas que figuran a continuación:

1. DENOMINACIÓN, FINANCIAMENTO E LIÑAS XERAIS DA TRAMITACIÓN

As presentes bases teñen por obxecto regular a VI edición dos Premios PEL, destinados a galardoar ás Iniciativas Transformadoras da Provincia da Coruña, promovidos no marco do Plan de Emprego Local (Liña 2.4. PEL-Emprende: incentivos ácalidade e á innovación da idea empresarial).

Os Premios financiarase con cargo ao orzamento xeral da Deputación para o exercicio 2024.
A contía máxima dentro dos créditos dispoñibles destinada ao Premio é a seguinte:
Aplicación orzamentaria                                  Créditos dispoñibles
0520/24100/481                                                 75.000,00 €

A tramitación telemática aplicarase a todas as fases do procedemento, incluíndo en cada unha delas as notificacións e comunicacións, os requirimentos de documentación e información, así como todo o necesario para tramitar as candidaturas.

2. OBXECTO E FINALIDADE

As presentes bases teñen por obxecto regular a VI edición dos Premios PEL, como recoñecemento ás iniciativas transformadoras da provincia, fomentando a súa imaxe positiva e realzando o seu papel fundamental como xeradoras de riqueza, emprego e benestar, contribuíndo á súa sustentabilidade, fomentando a cultura emprendedora e potenciando o rural.
A súa finalidade consiste en premiar, dar visibilidade e poñer en valor aquelas iniciativas empresariais transformadoras da sociedade no seu conxunto, que impulsen cambios reais no ámbito socioeconómico e deixen a súa pegada no territoriono marco da Axenda Rural e Urbana da Deputación da Coruña.

3. CATEGORÍAS

As entidades que se postulen á VI edición dos Premios PEL deberán presentarse a unha das seguintes tres categorías:

1ª CATEGORÍA: premio á mellor iniciativa transformadora nova
Destinada a recoñecer a labor das pequenas e medianas empresas, microempresas e autónomos/as que iniciasen a súa actividade empresarial nas anualidades 2023 ou 2024.
Nesta categoría valoraranse aspectos como a idea de negocio, o grao de innovación e a implantación de medidas de responsabilidade social empresarial e o seu impacto no territorio e na sociedade, entre outros.

2ª CATEGORÍA: premio á mellor iniciativa transformadora consolidada
Destinada a recoñecer a labor das pequenas e medianas empresas, microempresas e autónomos/as que comezasen a súa actividade empresarial durante a anualidade 2019 ou con anterioridade.
Nesta categoría valoraranse aspectos como a idea de negocio e percorrido empresarial, o grao de innovación, a dixitalización, a internacionalización e as medidas de responsabilidade social empresarial implantadas pola empresa, entre outros.

3ª CATEGORÍA: premio á mellor iniciativa verde
Destinada a recoñecer a labor das pequenas e medianas empresas, microempresas, autónomos/as, asociacións e clústers empresariais e concellos que conten con proxectos que teñan por obxectivo a transición ecolóxica e enerxética, a loita contra o cambio climático, a agricultura sustentable, a protección do medio ambiente, a preservación da biodiversidade, a economía circular e/ou o uso eficiente dos recursos.
Nesta categoría valoraranse aspectos como os proxectos desenvolvidos en prol da transición ecolóxica, o seu impacto no territorio, o seu carácter innovador e o aliñamento das actuacións desenvolvidas cos obxectivos medioambientais propostos na Axenda 2030, entre outros.

Cada participante poderá presentar a súa candidatura unicamente a unha das tres categorías anteriores. No suposto de presentación de varias candidaturas, só se terá en conta a última presentada, que deixará sen efecto e anulará todas as anteriores, sempre e cando fose presentada dentro do prazo previsto na convocatoria.

Adicionalmente a estas categorías, o Xurado outorgará un premio á mellor iniciativa transformadora do rural como recoñecemento ás entidades que desenvolven iniciativas que impulsen cambios reais no ámbito socioeconómico da provincia, que conten con proxectos orientados ao desenvolvemento sostible e integrador de zonas rurais, favorezan á loita contra o despoboamento e contribúan a facer fronte ao reto demográfico e demais retos específicos en materia de desenvolvemento do territorio. Este premio outorgarase no marco da Axenda Rural e Urbana da Deputación da Coruña sen previa postulación de candidaturas, a proposta do xurado.

Entidades beneficiarias

– Pequenas, medianas empresas, microempresas e autónomos/as que teñan domicilio fiscal e social en algún municipio da provincia da Coruña e exercicio económico continuado na actividade empresarial.
– Asociacións e clústers empresariais que teñan domicilio fiscal e social na provincia da Coruña e conten, como mínimo, con 25 asociados.
– Concellos de menos de 20.000 habitantes da provincia da Coruña.

Lugar e prazo de presentación

Prazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de candidaturas iniciarase a partir do día seguinte ao da publicación do presente extracto de
convocatoria no BOP da Coruña e finalizará ás 14:00 horas do 18 de xuño de 2024.

Lugar de presentación

Tanto a presentación de candidaturas como o resto da tramitación da presente convocatoria, realizarase por vía telemática a través da plataforma SUBTeL, accesible desde a sede electrónica da Deputación Provincial da Coruña https://sede.dacoruna.gal/subtel/

Entradas relacionadas