Nova xuntanza coas asociacións de comerciantes para falar da festa do comercio local e dos bonos de estacionamento

Outra imaxe da xuntanza

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, e a técnica responsable do Departamento de Comercio, Lucía Castro, mantiveron este martes unha nova xuntanza coas asociacións de comerciantes Comercio Punto Compostela, Compostela Monumental, Em-Rede e Fundación Santiago Centro.

O alcalde coa representación comercial antes do inicio da reunión
O alcalde coa representación comercial antes do inicio da reunión

Na reunión avanzouse na preparación da festa do comercio local prevista do 25 ao 28 de xuño e na acción do reparto de bonos de parking entre a clientela dos locais comerciais. Estas dúas iniciativas figuran entre as medidas para reactivar o sector comercial contempladas no Plan Marco de Reactivación Económica.

Entradas relacionadas