15/04/2025 O
A fin de semana do 23, 24 e 25 de maio Santiago gozará dunha nova edición da Festa do Banquete de Conxo. E, como xa é tradición, estará acompañada polo Mercado do Libro.
Un ano máis, a praza Aurelio Aguirre acollerá en torno a dúas decenas de expositores relacionados co sector do libro, onde librarías, editoriais e outros sectores vinculados ao libro e a ilustración darán mostra dos seus produtos.
O prazo de presentación das solicitudes está aberto desde hoxe e ata o día 5 de de maio. A selección farase por orde de entrada no rexistro, con prioridade para as persoas solicitantes que posúan un enderezo social no concello de Santiago.
Para máis información, as persoas interesadas en expoñer poden dirixirse ao correo comercio@santiagodecompostela.gal.