O CONCELLO DE SANTIAGO ESTUDA QUE A PRAZA DE ABASTOS OPTE AO SELO DE MERCADO EXCELENTE

Departamento de comercio2

20/07/2024 

Hoxe, a alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, xunto co concelleiro de Mercados, Xan Duro, acompañou ao director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, nunha visita á Praza de Abastos, unha das xoias compostelás.

O venres publicouse no DOG unha nova orde de axudas destinada ao impulso dos mercados excelentes, co obxectivo de potenciar as prazas e mercados tradicionais en Galicia. Gabriel Alén, sinalou que salta á vista que o de Santiago é un mercado excelente.
O selo de Mercado Excelente outórgase baseándose no cumprimento de estándares de calidade que inclúen aspectos como a sustentabilidade, a protección do medio ambiente, a dixitalización, e a mellora da accesibilidade.

A rexedora compostelá compartiu tamén que «esta praza cumpre cos requisitos, e dende o Concello imos estudar a orde e ver as posibilidades de presentarnos», en diálogo constante para iso coa cooperativa que xestiona o recinto, os placeiros e a asociación que os aglutina. Goretti Sanmartín considera que a obtención do selo de mercado excelente pode ser un factor máis dentro do traballo de redinamización da praza de abastos en que traballa o goberno municipal, como elemento fundamental da cidade.

Visita á Praza de Abastos

Entradas relacionadas