O Museo das Peregrinacións acolle a exposición “Manuel Dávila, a pegada do oficio na vida”

Departamento de comercio2

O Museo das Peregrinacións acolle a exposición “Manuel Dávila, a pegada do oficio na vida”, organizada por Ourives de Compostela co apoio da Concellaría de Capital Cultural. Na inauguración da mostra participou a tenenta de alcaldesa.

María Rozas: “Os ourives e prateiros sempre fixeron parte da paisaxe de Compostela. E é cando desaparecen os seus escaparates cando nos decatamos dese enorme valor para a cidade que habitamos. Por iso, reivindicamos os oficios tradicionais que axudaron a construir Santiago”

Manuel Dávila, é considerado o decano da pratería compostelá. Esta inciativa xurdiu da asociación de ourives, que quería homenaxear a Dávila polos seus 90 anos, e da súa neta Adela, historiadora da arte, que quería facer unha exposición con pezas do seu avó. Ao acto de inauguración asistiu a familia, amigos, membros de Ourives de Compostela e autoridades.

Co gallo desta exposición «𝗠𝗮𝗻𝘂𝗲𝗹 𝗗𝗮́𝘃𝗶𝗹𝗮: 𝗮 𝗽𝗲𝗴𝗮𝗱𝗮 𝗱𝗼 𝗼𝗳𝗶𝗰𝗶𝗼 𝗻𝗮 𝘃𝗶𝗱𝗮», El Correo Gallego ven de publicar un interesante artigo sobre este emblemático ourive compostelán.

🗞Artigo completo en https://bit.ly/4fnCebV

Imaxes da inauguración

Entradas relacionadas