Subvencións ás asociacións de comerciantes sen ánimo de lucro para a dinamización dos centros comerciais abertos de Galicia

Axudas e subvencións comercio Santiago

Ficha da subvención

Denominación

Subvencións ás asociacións de comerciantes sen ánimo de lucro para a dinamización dos centros comerciais abertos de Galicia

Convocatoria: Aberta

Data de publicación: 24/05/2024

Prazo entrega solicitudes: Inicio 25/05/2024 Fin 24/06/2024

información, ligazóns e consultas

Xunta de Galicia

Consellería de Emprego, Comercio e Emigración

Dirección Xeral de Comercio e Consumo

Subdirección Xeral de Comercio

Servizo de Promoción Comercial e da Artesanía

San Caetano, s/n

15781  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 981544530/ 981545557

Fax: 981545541

Email: dxc.axudas.comercio@xunta.gal

http://ceei.xunta.gal/portada

Desde o resto do Estado: 902120012

Bases da convocatoria

Extracto da convocatoria

CONSELLERÍA DE EMPREGO, COMERCIO E EMIGRACIÓN

ORDE do 8 de maio de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, das subvencións ás asociacións de comerciantes sen ánimo de lucro para a dinamización dos centros comerciais abertos de Galicia, e se procede á súa convocatoria para o ano 2024 (código de procedemento CO300A).

Obxecto da convocatoria. A dinamización dos centros comerciais abertos de Galicia.

Importe

Destínase un crédito de 2.250.000,00 euros, financiado con cargo ás aplicacións orzamentarias 44.06.751A.481.01, por un importe de 1.000.000,00 de euros, e 44.06.751A.781.1, por un importe de 1.250.000,00 euros, dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2024.

Entidades beneficiarias

As asociacións de comerciantes de carácter territorial sen ánimo de lucro, que estean legalmente constituídas e cuxo ámbito de actuación se desenvolva na Comunidade Autónoma de Galicia, que leven a cabo proxectos de dinamización e incentivación do consumo de interese e transcendencia en centros comerciais abertos.Á espera da publicación das bases para cada subvención.

Lugar e prazo de presentación

Prazo de presentación de solicitudes

O prazo para presentar as solicitudes será dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Lugar de presentación

As solicitudes poden tramitarse por medios electrónicos, a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica código de procedemento CO300A.

Entradas relacionadas