Abre o prazo de solicitude das axudas para actividades de promoción e dinamización comercial no concello de santiago

Axudas e subvencións comercio Santiago

Ficha da subvención

Denominación

Abre o prazo de solicitude das axudas para actividades de promoción e dinamización comercial no concello de santiago

Convocatoria: Aberta

Data de publicación: 30/07/2025

Prazo entrega solicitudes: Inicio 31/07/2025 Fin 13/08/2025

información, ligazóns e consultas

Bases da convocatoria

30/07/2025 As asociacións de comerciantes ou entidades representativas de pequenas e medianas empresas comerciais poderá presentar as súas solicitudes a partir de mañá, 31 de xullo, tras a publicación da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia (BOP) das bases da convocatoria de axudas para actividades de promoción e dinamización comercial anualidad e 2025.

Estas axudas están destinadas ás asociacións de comerciantes ou entidades representativas de pequenas e medianas empresas comerciais legalmente constituídas, e sen fin de lucro que reúnan os seguintes requisitos no momento de presentación da solicitude: que o seu ámbito de actuación sexa eminentemente local, referido ao municipio de Santiago; que conten cun mínimo de 15 establecementos asociados; que o 60% dos seus establecementos asociados pertenzan ao sector comercial; ter a súa sede social no municipio de Santiago; e non estar integradas por empresas comerciais que operen en mercados municipais suxeitos a concesión administrativa.

ACTUACIÓNS SUBVENCIONABLES 

Considéranse actuacións subvencionables, sempre que sexan realizadas e efectivamente pagadas entre o 1 de xaneiro
de 2025 e a data límite para xustificar establecida na Base 12ª, as actividades de promoción e dinamización comercial cuxo
ámbito de actuación ou repercusión sexa o municipio de Santiago de Compostela, tales como:

  • Sistemas de fidelización a través de servizos dirixidos á clientela cuxa finalidade sexa aumentar as vendas, atraer
    novas persoas consumidoras e satisfacer os seus intereses.
  • Actuacións de dinamización e promoción comercial. As actuacións deberán encadrarse dentro dun proxecto de
    promoción dos establecementos comerciais asociados ou de incentivación do consumo no que se amose a súa
    participación directa. Son subvencionables as actividades de animación na rúa directamente vinculadas ao proxecto
    de promoción ou incentivador dun consumo correspondente.
  • Campañas de promoción, publicidade en medios de comunicación ou en soportes publicitarios, así como, a elaboración de material promocional, que se orienten a potenciar as diferentes tempadas ou fitos con relevancia comercial
    ao longo do ano.
  • Implantación ou mantemento de servizos de apoio e asesoramento ao comercio polo miúdo.
  • Actuacións encamiñadas á mellora da competitividade comercial.

Son subvencionables, para as actuacións indicadas, os seguintes custos, sempre e cando estean directamente relacionados coa actividade subvencionada e sexan indispensables para a súa adecuada preparación e execución:

  • Custos de persoal e de administración específicos.

Non son subvencionables:

  • Os custos relativos á adquisición de bens de investimento ou inventariables.
  • Os impostos indirectos cando sexan susceptibles de recuperación ou compensación e o imposto persoais sobre a
    renda.
  • Os gastos en axudas de custo ou desprazamentos do persoal.
  •  As campañas de dinamización, promoción ou calquera tipo de actuación que teña exclusivamente por finalidade o
    patrocinio, colaboración ou axuda económica a actividades lúdicas, turísticas, de exaltación gastronómica ou similares, sen relación co fomento da actividade comercial e sen participación directa dos establecementos comerciais
    asociados.
  • Bolsas que non sexan biodegradables e/ou reutilizables.

PROCEDEMENTO DE SOLICITUDE

1. Encher e asinar visible o Modelo CS006. 
 
2. Dende a sede electrónica premer o botón: Todos os trámites> hacia abaixo no cadrado de Buscar: poñer Subvención> premer na opción Solicitude de subvención> hacia abaixo premer Acceso con Cl@ve> Identificarse e seguir coa tramitación.
 
 

O prazo de presentación de solicitudes será de dez días hábiles e contar dende o día seguinte ao da publicación desta
convocatoria no Boletín Oficial da Provincia. O envío das bases ao Boletín realizarase a través da Base de Datos Nacional
de Subvencións.

Entradas relacionadas