Subvencións para o impulso dunha rede de Mercados Excelentes de Galicia e a dinamización e revitalización das prazas de abastos

Axudas e subvencións comercio Santiago

Ficha da subvención

Denominación

Subvencións para o impulso dunha rede de Mercados Excelentes de Galicia e a dinamización e revitalización das prazas de abastos

Convocatoria: Pechada

Data de publicación: 27/04/2023

Prazo entrega solicitudes: Inicio 28/04/2023 Fin 29/05/2023

información, ligazóns e consultas

Xunta de Galicia

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Industria e Innovación da Coruña

Rúa Vicente Ferrer, 2

15008  Coruña, A  (Coruña, A)

Teléfono: 981184902/80

Bases da convocatoria

Extracto da convocatoria

Corrección de erros

Resolución esgotamento do crédito con cargo á aplicación orzamentaria 05.04.751A.781.1 con data do 30 de xuño de 2023, ás 12.35 horas

RESOLUCIÓN do 10 de agosto de 2023, da Dirección Xeral de Comercio e Consumo, pola que se dá publicidade das axudas concedidas

Convocatoria aberta do: 28/04/2023 ata o 29/05/2023 ás 23:59 horas

VICEPRESIDENCIA PRIMEIRA E CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, INDUSTRIA E INNOVACIÓN

CORRECCIÓN DE ERROS. Orde do 13 de abril de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, de subvencións para o impulso dunha rede de Mercados Excelentes de Galicia e a dinamización e revitalización das prazas de abastos, e se procede á súa convocatoria para o ano 2023 (código de procedemento IN223A)

VICEPRESIDENCIA PRIMEIRA E CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, INDUSTRIA E INNOVACIÓN

ORDE do 13 de abril de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, de subvencións para o impulso dunha rede de Mercados Excelentes de Galicia e a dinamización e revitalización das prazas de abastos, e se procede á súa convocatoria para o ano 2023 (código de procedemento IN223A)

Entidades beneficiarias

Poderán ser entidades beneficiarias das subvencións, sen prexuízo de reuniren os demais requisitos establecidos nas bases reguladoras:

a) Os concellos galegos que conten cun mercado co selo de Mercado Excelente outorgado de conformidade coa Orde do 4 de xaneiro de 2017 pola que se regula o procedemento para a obtención do selo de Mercado Excelente na Comunidade Autónoma de Galicia, ou aqueles que estean no proceso para a súa obtención.

Os concellos deberán cumprir co deber de remisión das contas xerais de cada exercicio ao Consello de Contas, nos termos previstos no artigo 4 do Decreto 193/2011, do 6 de outubro, polo que se regulan as especialidades nas subvencións ás entidades locais galegas.

b) As federacións e asociacións de vendedores das prazas de abastos, sen ánimo de lucro, que estean legalmente constituídas e cuxo ámbito de actuación se desenvolva na Comunidade Autónoma de Galicia. No caso de asociacións de vendedores de prazas de abastos, o número de membros asociados deberá supoñer, como mínimo, o 50 % dos postos existentes na praza de abastos.

As federacións e asociacións deberán ter unha antigüidade mínima de tres anos na data de publicación desta orde e atoparse ao día na obriga de aprobación das contas anuais pola Xunta Directiva nos dous últimos exercicios previos a esta orde de convocatoria.

Lugar e prazo de presentación

Prazo de presentación de solicitudes

Un mes, que se contará a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Lugar de presentación

As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos, a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal, procedemento IN223A