Ficha da subvención
Denominación
Premios de Artesanía de Galicia, ano 2024 (código de procedemento IN200A)
Convocatoria: Aberta
Data de publicación: 01/07/2024
Prazo entrega solicitudes: Inicio 16/09/2024 Fin 27/09/2024
información, ligazóns e consultas
Xunta de Galicia
Consellería de Emprego, Comercio e Emigración
Fundación Pública Artesanía de Galicia
Área Central, 1º andar – Local 34 FGHI. Fontiñas
15707 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 881999171/ 881999174
Email: centro.artesania@xunta.gal
http://artesaniadegalicia.xunta.gal/
Desde o resto do Estado: 902120012
CONSELLERÍA DE EMPREGO, COMERCIO E EMIGRACIÓN
RESOLUCIÓN do 19 de xuño de 2024, da Dirección Xeral de Comercio e Consumo, pola que se acorda publicar as bases reguladoras dos premios de Artesanía de Galicia e a súa convocatoria para o ano 2024 (códico de procedemento IN200A).
O Estatuto de autonomía de Galicia, no seu artigo 27.17, atribúe á nosa comunidade autónoma competencias exclusivas en materia de artesanía. A Lei 8/2023, do 14 de decembro, de artesanía de Galicia, establece o marco legal de actuación do sector artesán.
En Galicia, as actividades artesanais supoñen unha gran reserva desde o punto de vista cualitativo e cuantitativo. Forman parte do tecido produtivo básico sobre o cal se constrúe a nosa sociedade, ao tempo que actúan como fío condutor que posibilita a continuidade da nosa identidade e da nosa cultura.
O Decreto 49/2024, do 22 de abril, polo que se fixa a estrutura orgánica das consellerías da Xunta de Galicia, atribúelle á Dirección Xeral de Comercio e Consumo a planificación, a coordinación e o control das competencias da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración en materia de artesanía.
Esta disposición ten por obxecto establecer as bases que rexen os premios de Artesanía de Galicia, que se aproban no anexo I, e proceder á súa convocatoria para o ano 2024 co obxectivo de recoñecer a mellora continua no labor dos profesionais do sector artesán galego e contribuír ao seu desenvolvemento económico e promocional (código de procedemento IN200A).
Os premios de Artesanía de Galicia constan das seguintes modalidades:
a) Premio Artesanía de Galicia 2024……………………………………… Dotación de 9.000,00 € e trofeo acreditativo.
b) Premio Traxectoria 2024……………………………………………………. Trofeo acreditativo e sen dotación económica.
c) Premio Bolsas Eloy Gesto 2024…………………………………………. Ata tres bolsas de formación de 4.000,00 € cada unha e diploma acreditativo.
Persoas beneficiarias
Persoas e obradoiros artesáns con recoñecida traxectoria profesional e que están ou estiveron inscritos no Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia, segundo o premio a que opten.
Lugar e prazo de presentación
1. Para a modalidade Premio Artesanía de Galicia 2024, a obra a concurso xunto coa solicitude, que se inclúe como anexo II desta resolución, deberá presentarse presencialmente na forma indicada no artigo 4 das bases reguladoras, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal
2. Para as modalidades Premio Traxectoria 2024 e Premio Bolsas Eloy Gesto 2024, as solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal
3. O prazo de presentación para as tres candidaturas iníciase a partir das 8.00 horas do 16 de setembro de 2024 e remata ás 14.30 horas do 27 de setembro de 2024.