Chegou a X edición da Maker Faire Galicia: Innovación e Creatividade en Santiago de Compostela

Departamento de comercio2

29/06/2024

🤖 Hoxe celébrase a X Maker Faire Galicia en Área Central, cunha chea de actividades e obradoiros ao longo de todo o día.

🗣️ Na inauguración participou a tenenta de alcaldesa, que agradeceu o traballo das organizadoras ao longo destas 10 edicións. María Rozas salientou que no evento “abórdanse temáticas que encaixan coas nosas liñas de traballo na Concellaría de Promoción Económica: a Innovación Social, os Oficios, a Industria”. Tamén avanzou a próxima apertura dun espazo maker permanente, na Casa das Asociacións de Cornes.

Maker en imaxes

Mañá arranca a X edición da Maker Faire Galicia: Innovación e Creatividade en Santiago de Compostela

28/06/2024

A Maker Faire Galicia celebra en 2024 a súa décima edición, consolidándose como unha das citas máis destacadas do mundo maker en Europa. Con motivo deste fito, a feira decidiu reinventarse e ampliar o seu alcance, adoptando un formato innovador que se desenvolverá durante varios meses en diferentes localidades de Santiago de Compostela. Este evento, de acceso libre e gratuíto, está composto por tres xornadas independentes, centradas cada unha en temas fundamentais: emprendemento e innovación social, oficios e artesanía e industria.

A primeira xornada, dedicada ao emprendemento e á innovación social, terá lugar mañá 29 de xuño na Área Central. Esta xornada ofrecerá unha variedade de charlas, obradoiros e presentacións de máis de 45 proxectos en categorías como Minimakers, Makers, Divulgación e Innovación Social.

Exemplos de Ponentes e Obradoiros:

·  Mesa Inaugural (10:00): Contará con Enrique Saavedra (Cofundador da Maker Faire Galicia), Sara Castedo (Xerente de Área Central), Pablo Fernández (Secretario Xeral de Emprego e Relacións Laborais) e María Rozas (Concelleira de Dereitos e Servizos Sociais, Promoción Económica e Xuventude e tenenta de alcaldesa).

·  Charla “Hackers Rurais” (16:00): Loitando coa tecnoloxía contra o despoboamento en Galicia.

·  Charla “Innovación Social e Cultura Urbana” (17:00): Con Pablo Castiñeira de Vella Escola.

·  Obradoiros:

o    Zona Amarela: Ludoteca e xogos organizados por Crecer Creando e Chafaris Compostela.

o    Zona Vermella: Obradoiros de arte e tecnoloxía con Vella Escola e Ultramarte

o    Zona Verde: Obradoiros de ciencia e programación con Inedu e Project Droid.

Premios e Clausura: As actividades culminarán coa entrega de premios ás 19:45 nas categorías de Minimakers, Makers, Divulgación e Innovación Social, seguida dun concerto especial de clausura con Mary Iglesias.

Inscricións para os Obradoiros:

·  Todas as actividades son de balde e forman parte da programación do Espazo Maker Compostela, actividade organizada polo Concello de Santiago no marco da Axenda urbana 2030 Santiago de Compostela

·  A inscrición para os obradoiros realízase presencialmente por orde de chegada ata 10 minutos antes da actividade.  e forman parte da programación do Espazo Maker Compostela, actividade organizada polo Concello de Santiago no marco da @axendaurbana2030santiago

A organización desta edición conta co apoio do Concello de Santiago, a Xunta de Galicia, Área Central, a Fundación Laboral da Construción e a Sionlla Biopolo. Maker Faire Galicia organízase e opera de forma independente baixo a licenza de Make Community LLC, mantendo o seu compromiso de fomentar a creatividade, a innovación e o talento na comunidade maker.

Entradas relacionadas