Bases da convocatoria do procedemento de concorrencia para a selección dunha entidade colaboradora para a entrega e distribución dasaxudas do programa de dinamización e incentivación do consumo no comercio local “Bonos Corazón Compostela 2024”

bonos-corazon

Ficha da subvención

Denominación

Bases da convocatoria do procedemento de concorrencia para a selección dunha entidade colaboradora para a entrega e distribución das
axudas do programa de dinamización e incentivación do consumo no comercio local “Bonos Corazón Compostela 2024”

Convocatoria: Aberta

Data de publicación: 18/09/2024

Prazo entrega solicitudes: Inicio 19/09/2024 Fin 28/10/2024

información, ligazóns e consultas

Bases da convocatoria

1. Obxecto destas bases:
O Concello de Santiago de Compostela vai proceder á convocatoria de concesión de axudas económicas dirixidas a
propiciar o fortalecemento do sector comercial e hostaleiro do municipio mediante a estimulación da demanda.
A axuda farase efectiva a través dos bonos Corazón Compostela 2024, que poderán ser utilizados nos establecementos
comerciais retallistas e hostaleiros que se adhiran ao programa, segundo as condicións de participación establecidas na correspondente convocatoria de adhesión ao programa, que será obxecto de aprobación e publicación no momento que corresponda.
As persoas usuarias dos bonos serán as persoas físicas maiores de idade.
Estas bases teñen por obxecto convocar o procedemento para a selección da entidade colaboradora que participará
na entrega e distribución das axudas económicas que se farán efectivas a través dos bonos Corazón Compostela 2024.

2. Obxecto da colaboración
O obxecto da colaboración é a entrega e distribución das axudas do Programa de dinamización e incentivación do
consumo nos comercios retallistas e hostaleiros do municipio a través dos bonos Corazón Compostela 2024.
Para estes efectos, subscribirase o oportuno convenio de colaboración co Concello, segundo o modelo que figura como
anexo II desta convocatoria.

Entradas relacionadas