Administración Local
Deputación Provincial da Coruña
Servizo de Desenvolvemento Territorial e Transición Ecolóxica
Incorporacións no texto consolidado do Plan Estratéxico de Subvencións 2020/2024 da Deputación Provincial da Coruña no terceiro cuadrimestre do 2024.
De conformidade co disposto no Texto Consolidado ao 31 de decembro de 2023 do “Plan Estratéxico de Subvencións
2020/2022, prorrogado para 2024, da Deputación Provincial da Coruña”, publicado no Boletín Oficial da Provincia número
92 do 13 de maio de 2024, remítense, para a súa publicación no Boletín Oficial da Provincia, as incorporacións de subvencións nominativas que se produciron no dito Plan durante o terceiro cuadrimestre do 2024.