Programa de dinamización e incentivación do consumo nos comercios retallistas da Comunidade Autónoma de Galicia a través dos bonos Activa comercio, e se procede A súa convocatoria para o ano 2024 e á apertura do prazo para a adhesión dos comercios

Axudas e subvencións comercio Santiago

Ficha da subvención

Denominación

Programa de dinamización e incentivación do consumo nos comercios retallistas da Comunidade Autónoma de Galicia a través dos bonos Activa comercio, e se procede A súa convocatoria para o ano 2024 e á apertura do prazo para a adhesión dos comercios

Convocatoria: Aberta

Data de publicación: 22/10/2024

Prazo entrega solicitudes: Inicio 21/10/2024 Fin 15/12/2024

información, ligazóns e consultas

Xunta de Galicia

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

Dirección Xeral de Comercio e Consumo

https://www.bonosactivacomercio.gal/

Bases da convocatoria

Extracto da convocatoria

Consellería de Emprego, Comercio e Emigración

ORDE do 8 de outubro de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas, en réxime de concorrencia non competitiva, do Programa de dinamización e incentivación do consumo nos comercios retallistas da Comunidade Autónoma de Galicia a través dos bonos Activa comercio, e se procede á súa convocatoria para o ano 2024 e á apertura do prazo para a adhesión dos comercios (código de procedemento CO301B).

Actividade subvencionable

Por medio desta orde subvencionarase a compra de bens, a través dos bonos Activa comercio, nos establecementos comerciais retallistas de Galicia adheridos ao programa.

As vendas subvencionadas serán as que se realicen nas datas fixadas no artigo 17 destas bases reguladoras.

Cada bono terá a consideración de bono desconto por un valor de ata 30 € para as compras realizadas nos comercios adheridos. Poderase usar cada bono ata o seu esgotamento ou, de ser o caso, ata o esgotamento do crédito dispoñible no programa.

O importe do bono irase reducindo en función do valor da compra realizada, de acordo cos seguintes criterios:

– Desconto de 5 € en compras iguais ou superiores a 20 € e inferiores a 30 €.
– Desconto de 10 € en compras iguais ou superiores a 30 € e inferiores a 50 €.
– Desconto de 15 € en compras iguais ou superiores a 50 €.

Todas estas contías se entenden co IVE incluído.

Entidades beneficiarias

1. Poderán ser persoas beneficiarias das axudas as persoas físicas maiores de idade e residentes na Comunidade Autónoma de Galicia que realicen as actuacións establecidas no artigo 5 destas bases reguladoras. Para seren beneficiarias, terán que tramitar as súas solicitudes conforme o establecido nesta orde.

As axudas entenderanse concedidas co troco dos bonos polas persoas usuarias.

2. Poderán adherirse ao programa bonos Activa comercio os establecementos comerciais retallistas que cumpran os seguintes requisitos:

a) Que desenvolvan a súa actividade comercial en Galicia (establecemento comercial en Galicia) e reúnan as condicións legalmente establecidas para o exercicio da súa actividade.

b) Que sexan persoas empresarias autónomas ou pequenas e medianas empresas, de conformidade co previsto no Regulamento (UE) 651/2014 da Comisión, do 17 de xuño de 2014.

c) Que estean dados de alta nalgún dos grupos ou epígrafes do IAE recollidos no anexo I desta orde.

Lugar e prazo de presentación

Prazo de presentación de solicitudes

O prazo para adherirse ao programa será desde o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia ata o esgotamento do crédito dispoñible ou, en todo caso, ata o 15 de decembro de 2024, sen prexuízo da súa posible ampliación nos termos establecidos na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Lugar de presentación

As solicitudes poden tramitarse por medios electrónicos, a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal, procedemento CO301B ou na web https://www.bonosactivacomercio.gal/

Data de activación dos bonos

Os bonos estarán dispoñibles para a súa descarga polas persoas usuarias desde o 4 de novembro ata o 31 de decembro de 2024, agás no caso de que o importe total dos descontos efectivamente realizados en compravendas acade os 2.500.000,00€.

Mediante orde da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración poderanse modificar as ditas datas se razóns organizativas ou doutra índole así o aconsellan, do cal se dará a oportuna publicidade.

Entradas relacionadas