A ENTIDADE COMERCIAL DO CENTRO HISTÓRICO DE SANTIAGO É A MÁS GALARDOADA DE GALICIA E DE ESPAÑA
14/05/2025 A Secretaría de Estado de Comercio do Ministerio de Economía, Comercio e Empresa do Goberno de España comunicou á Asociación de Comerciantes, Empresarios e Profesionais Centro Comercial Aberto Compostela Monumental que o Órgano de Selección dos Premios Nacionais de Comercio Interior 2024 resolveu concederlle o accésit, na súa modalidade de Centros Comerciais Abertos. O acto de entrega do mesmo levarase a cabo no Hotel Reconquista de Oviedo o próximo día 10 de xuño. Desta forma, a entidade santiaguesa convértese nas máis galardoada do sector comercial de Galicia e España, os seus palmarés así o atesouran:
- Ano 2022
.- Premio á Mellor Asociación Empresarial do Ano 2022 da Deputación provincial da Coruña, V Edición dos Premios PEL.
- Ano 2018
.- Premio Nacional de Comercio do Ministerio de Industria, Comercio e Turismo de España na modalidade de Centro Comercial Aberto.
.- Finalista do Premio Nacional de Prevención de Riscos Laborais á promoción e difusión da cultura preventiva. Premios Prevencionar.
- Ano 2017
.- Premio Publicidade en Galego, concedido polo Parlamento de Galicia e a Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia na categoría de Radio.
- Ano 2011
.- Premio Nacional de Comercio Ezkerraldenda 2011, á Mellor Asociación de España, modalidade Cooperación Empresarial.
.- Premio Internacional de Deseño Gráfico e Publicitario (ANUARIA).
.- Premio Internacional á Mellor Campaña Publicitaria BEST ADS (campaña Día dos Namorados).
- Ano 2010
.- Premio Internacional á Mellor Campaña Publicitaria ADS OF THE WORD (campaña Rebaixas de Inverno).
.- Premios Nacionais de Deseño Gráfico e Publicitario dos anos 2007, 2008, 2009 e 2010 (PREMIOS ANUARIA).
- Ano 2007
.- Premio Ecoloxía de Galicia do Grupo de Ecoloxía Científica e Medio Ambiente de Galia (polos proxectos Lumicompostela e Compostela Monumental Sostible).
.- Finalista dos European Enterprise Awards da Unión Europea.
.- II e IV Posto do Premio Nacional de Interiorismo Comercial (polos proxectos Localia e Lumicompostela).
.- Certificación SICTED do Ministerio de Industria, Turismo e Comercio de España dos anos 2007, 2008 e 2009 (na sección doutros servizos).
- Ano 2006
.- Premio Nacional de Comercio do Ministerio de Industria, Turismo e Comercio do Goberno de España (primeira vez na historia que o gañaba unha entidade comercial galega).