Do 19 ao 21 organízase en Santiago Artesanamente, mercado que pon en valor a tradición e a identidade galegas

Departamento de comercio2

16/09/2025 Artesanamente chega a Santiago ofrecendo un espazo de visibilidade para os artesán locais. Do 19 ao 21 de outubro, poderase gozar deste mercado de proximidade na sede de Afundación situada na Rúa do Vilar.

Esta iniciativa ofrece unha experiencia creativa en torno a tradición e a identidade galegas, cunha grande oferta de produtos auténticos, sostibles e, por suposto, artesanais.

As persoas asistentes non só terán a oportunidade de mercar obxectos únicos, feitos con moiota paixón; senón que poderán interactuar coas persoas artesás e aprender sobre a diversidade de técnicas e a esencia dos distintos oficios artesáns.

Ao espazo central ocupado polos postos dos artesáns galegos, súmanselle outros espazos que dan mostra desta riqueza patrimonial: unha zona destinada a presentacións, relatorios, debates e diversas actividades. Outra exterior, na que os distintas institucións artesás contarán cun tempo determinado para facer unha demostración en vivo das técnicas tradicionais que empregan.

Artesanamente nace non só para dar a coñecer o traballo dos artesáns de Galicia. Tamén para fomentar o consumo responsable e un modelo de economía local, circular e de Km 0. Búscase un espazo que fomente o diálogo e a reflexión en torno á cultura e a sostibilidade, reforzando o compromiso que a cidade de Santiago ten adquirido coa preservación das tradicións e máis coa innovación cultural.

Entradas relacionadas