Tralas comprobacións realizadas, a lista definitiva de persoas admitidas coincide coa relación provisional de admitidos xa publicada excepto as persoas solicitantes excluídas por ter débedas co Concello.
Con base na orde de prelación establecida polas puntuacións obtidas e nas consideracións recollidas na base 4.9, no documento achegado relacionase a adxudicación quendas para as persoas admitidas. De acordo co establecido coa base 4.6, tamén se relacion as persoas solicitantes admitidas que forman parte da lista de agarda.
Información a ter en conta segundo a base 4.5 da convocatoria:
As persoas expositoras incluídas deberán confirmar a súa aceptación da quenda adxudicada por correo electrónico ao enderezo mercadonadal@gmail.com antes das 14:00h do día 13 de novembro de 2025, acompañando a súa aceptación coa documentación xustificativa dos requisitos de participación do apartado 2.9 das bases de participación no Mercando de Nadal 2025/2026.












