Últimos días do programa Bonos Corazón 2025

Portada web Bonos Corazón 2025

11/11/2025 A segunda edición dos Bonos Corazón 2025 chega a súa recta final. As persoas que aínda teñen saldo dos seus bonos deberá gastalo no comercio local e a hostalería de Santiago antes do sábado 15 de novembro ás 22:00 horas. Aqueles que queden sen trocar na súa totalidade, caducarán sen poder instar a súa devolución.

Tedes dispoñible a listaxe de establecementos participantes na campaña a través da web da iniciativa bonoscorazoncompostela.gal.

Dende o Departamento de Comercio queremos mostrar o noso agradecemento a todas as persoas usuarias e establecementos participantes por facer posible o éxito acadado. Esperamos que tiverades gozado desta iniciativa un ano máis.

Entradas relacionadas