17/11/2025 O Mercado de Abastos de Santiago continúa a celebrar as oito décadas do seu edificio con novas actividades enmarcadas na campaña “80 anos alimentando Compostela”.
O pasado xoves 13 de novembro, entregaron agasallos a aquelas persoas que acreditaban ter comprado na Praza. Presentando tíckets por valor de máis de 25€ recibían unha friameira conmemorativa, mentres que os dun valor superior a 15€ recibían unha bolsa de malla reutilizable. A xornada contou coa participación do concelleiro de Mercados, Xan Duro.
As iniciativas da campañacampaña – que incluíron tamén un acto conmemorativo da apertura do edificio, unha exposición fotográfica e visitas para a mocidade – busca promocionar o Mercado de Abastos como centro de alimentación de proximidade entre os distintos públicos.
Talleres gastronómicos para a mocidade
Co foco no achegamento do mercado a un público novo, o luns 17 de novembro comezan os cursos de cociña organizados pola concellaría de Mocidade e o Centro Xove da Almáciga. Obradoiros gratuítos que se impartirán na Aula Gastrocultural da Praza os días 17 de novembro e 8, 15, 22 e 29 de decembro e que se centrarán en receitas con produtos de tempada.









