A Xunta de Goberno aproba o proxecto de Regulamento da Mesa de Hostalaría

Departamento de comercio2

09/09/2024 

Míriam Louzao anunciou na rolda de prensa a aprobación por parte do executivo municipal do Regulamento da Mesa de Hostalaría que servirá de marco normativo para este “órgano permanente de diálogo coas asociacións que agrupan o sector, como principais interlocutoras e coñecedoras das particularidades da súa actividade” co obxectivo de “analizar conxuntamente os problemas, formular propostas e planificar medidas en ben do interese xeral a respecto de todos estes asuntos”.

A voceira do Goberno municipal salientou a importancia da implicación do sector hostaleiro “de cara a lograr un modelo turístico máis consciente e sustentable, que resulte harmónico coa calidade de vida da veciñanza e enriquecedor desde o punto de vista socioeconómico e cultural”, unha das prioridades do executivo local.

O regulamento deberá ser aprobado agora de maneira inicial no Pleno e despois abrirase un prazo de exposición pública antes da súa apobación final.

Entradas relacionadas