Campaña “12 comercios, 12 sensibilidades” protagonistas no mes de xuño

Departamento de comercio2

A campaña “12 comercios, 12 sensibilidades”

01/07/2024

✨ Despedimos un mes de xuño moi intenso na campaña #12comercios12sensibilidades, no que se desenvolveu a colaboración solidaria entre @latiendademariasantiago e @acougo.gal 🥰

🤗 Moitas grazas a todas as persoas que vos achegáchedes a La Tienda de María a mercar produtos solidarios e a informarvos sobre como podemos entre todos axudar a mellorar a situación das persoas menores de idade que se atopan nesta situación de gran vulnerabilidade.

💜 Foi impresionante ver de primeira man todo o cariño e forza coa que está a traballar esta asociación para axudar aos nenos, nenas e adolescentes do sistema de protección.

Resumo da campaña de xuño. La tienda de María e ACOUGO

26/06/2024

📌📆 Tomade nota nas vosas axendas! A colaboración solidaria deste mes de xuño en #12comercios12sensibilidades trae consigo unha última cita.

📖 Será a presentación do libro “A infancia naufragada” de @pardodeveraalberto o vindeiro venres 28 ás 12.00 h. na @casaxohanatorres

Cartaz da actividade

25/04/2024

#SORTEO!!! Chega un novo sorteo no marco da iniciativa de #12comercios12sensibilidades!! Sorteamos en Instagram un lote de productos solidarios de ACOUGO, un precioso peluche e un termo.

COMO PARTICIPAR:

1️⃣ Segue as contas de instagram de: @12comercios12sensibilidadess@latiendademariasantiago e @acougo.gal👆

2️⃣ Dálle a “me gusta” ao post en Facebook. ❤️

3️⃣Menciona a unha amiga/o en comentarios do post en Facebook (podes participar cantas veces queiras nomeando a diferentes persoas). 💃🕺

🫂 Comparte o post en stories para que máis xente coñeza está iniciativa solidaria que se desenvolverá ao longo de todo o ano 2024 no comercio local de Compostela 🤗.

INFO:

🎁 A 𝗿𝗲𝗰𝗼𝗹𝗹𝗶𝗱𝗮 𝗱𝗼 𝗽𝗿𝗲𝗺𝗶𝗼 realizarase no establecemento La tienda de María.

📅 Pódese 𝗽𝗮𝗿𝘁𝗶𝗰𝗶𝗽𝗮𝗿 ata o vindeiro domingo 30 de xuño.

🎯 O sorteo realizarase o 1 de xullo través dun software específico para tal fin.

Moita sorte!! 🤞🍀✨

Premios

24/06/2024

📸 O pasado xoves 20 de xuño estivemos na Praza Roxa dando a coñecer o acollemento familiar con @acougo.gal e @latiendademariasantiago. As crianzas estiveron a deixar a súa pegada artística mentres nais e país se informaban sobre as diferentes formas nas que podemos axudar aos

🎨👩🏻‍🎨 Ademáis, a artista @mememia_mememia chegouse para presentar a súa aportacion á causa, customizando unha escultura que simboliza ás familias de acollida e que pasa a formar parte da colección de ACOUGO.

🥰 Moitas grazas a todas as persoas que visitáchedes a carpa informativa para interesarvos pola realidade de nenas, nenos e adolescentes que actualmente están no sistema de protección e precisan dun fogar.

Video resumo da actividade 👇

https://www.facebook.com/12comercios12sensibilidades/

19/06/2024

🫲🏻🫱🏼 Este xoves 20 de xuño @acougo.gal montará unha CARPA INFORMATIVA na Praza Roxa, en colaboración con @latiendademariasantiago no marco da campaña #12Comercios12Sensibilidades.

✅ Información sobre as familias de acollida e sobre a asociación ACOUGO

✅ Pegada multitudinaria polo acollemento

✅ Presentación da intervención artística de @mememia_mememia

🤝Achégate para coñecer a realidade de nenas, nenos e adolescentes que actualmente están no sistema de protección e precisan dun fogar. Esperámoste!

📅📌 Xoves 20 de xuño, de 18.00 a 20.00 h.

📍 Lugar: Praza Roxa (Santiago de Compostela)

Cartaz 20 de xuño de 2024

🎬🗣️ O martes 11 de xuño ás 18.00 h, a Casa Xohana Torres acolle o videoforum, charla-coloquio “Ser familia de Acollida”, no marco da campaña #12Comercios12Sensibilidades. O acto contempla a proxección dun documental sobre acollemento familiar e unha charla coloquio coa participación de familias de acollida que compartirán as súas experiencias.

👉Organiza La Tienda de María e a Asociación ACOUGO, no marco da campaña #12comercios12sensibilidades.

🤝 Non perdas a oportunidade de coñecer máis sobre o #acollementofamiliar e apoiar esta causa tan importante. Esperámoste!

📅📌 Martes 11 de xuño, ás 18.00 h.

📍 Lugar: Casa Xohana Torres (R/ Bernardo Barreiro de Vázquez Varela, s/n, Santiago de Compostela)

👨‍👩‍👧‍👦 Haberá servizo de conciliación.

🆓 Entrada libre ata completar aforo.

Cartaz 11 xuño de 2024

O comercio de Santiago amosa a súa cara máis solidaria co proxecto “12 comercios, 12 sensibilidades”

03/06/2024 Unha ducia de comerciantes de Santiago veñen de xuntarse nun novidoso proxecto que ten como obxectivo darlle visibilidade a outras tantas entidades solidarias. Baixo o nome “12 Comercios, 12 Sensibilidades”, a iniciativa permitirá tamén favorecer o fluxo de clientela entre pequenos establecementos de diferentes puntos da cidade e dedicados a distintos sectores. O programa conta coa colaboración da Concellaría de Dereitos e Servizos Sociais, Promoción Económica e Xuventude.

A través de “12 Comercios, 12 Sensibilidades”, doce establecementos de Santiago darán a coñecer outras tantas entidades sociais e solidarias ao longo de todo o ano. Cada mes, a iniciativa será protagonizada por un comercio, que difundirá o labor dunha entidade concreta a través de actividades como exposicións, charflas ou obradoiros. 

O programa neste mes de xuño trae consigo unha nova colaboración solidaria, que comeza o 31 de maio  celebrando o Día Mundial do Acollemento Familiar 💜.
Nesta ocasión, La Tienda de María dáralle visibilidade á Asociación Galega de Familias de Acollida (ACOUGO), entidade que trata de difundir o acollemento familiar como o mellor recurso para a protección á infancia e adolescencia en situación de desamparo ou risco, comprometéndose co programa de sensibilización social e captación de posibles persoas e familias acolledoras. ACOUGO nace nace da man das familias acolledoras de Galicia para xerar unha verdadeira rede de apoio e sensibilización que impulse o acollemento familiar e para velar, por encima de todo, polos dereitos das crianzas e adolescentes do sistema de protección sobre todo ao dereito a crecer en familia e a manter o vínculo coas súas orixes .

En La Tienda de María en rúa  de San Pedro de Mezonzo, 24, baixo, xa se pode visitar o punto informativo da @acougo.gal  no que atoparemos folletos con información sobre as familias de acollida e tamén poderánse adquirir produtos solidarios da asociación. Ademáis, ACOUGO organizou a tarde do 31 de maio de 18.00 a 20.00 h unha actividade no Campus Sur (Praza de Rodríguez Cadarso) co obxectivo de facilitar á xente de Compostela información sobre as familias de acollida. Houbo xogos, agasallos… Animámosvos a coñecer de preto a importante labor que está a desenvolver esta asociación na nosa comunidade.
En La Tienda de María en Santiago de Compostela, pódese atopar todo o necesario para as crianzas desde o nacemento  ata os 6 anos de idade. A Tenda de María está especializada en artigos para bebés: roupa, sabas para berce, mantas, sacos e bolsos para o carro, así como produtos de puericultura e complementos de paseo. Tamén son especialistas en canastillas, tortas de cueiros e agasallos … 

Os comercios participantes informarán das actividades de cada unha das entidades solidarias a través de diferentes iniciativas como poden ser charlas, distribución de material, ou exposicións. Tamén poderá haber recadación de fondos para as asociacións, a través da venda de produtos vinculados con elas. Como atractivo engadido, poderá haber diferentes vantaxes para a clientela dos establecementos como descontos, agasallos ou sorteos.

Día Mundial de Acollemento Familiar
Recordámosvos as próximas citas do calendario de 12 Comercios, 12 Sensibilidades 👇
 
 
📅 Xullo
🫶 Avante
 
📅 Setembro
🫶 Daquí Darredor

Entradas relacionadas