Aberto o prazo ata o 5 de maio para inscribirse no VI Mercado do Libro da Festa do Banquete de conxo

EuMercoAquí

15/04/2025 Conxo acollerá os vindeiros 23, 24 e 25 de maio unha nova edición da Festa do Banquete. Entre as actividades que se desenvolverán eses días, atópase un ano máis o Mercado do Libro, que se desenvolverá o sábado 24 e o domingo 25 na praza Aurelio Aguirre.

O prazo de solicitude dun expositor está aberto desde hoxe, 15 de abril, ata o 5 de maio para aquelas librarías, editoriais e demais entidades relacionadas co sector do libro e da ilustración interesadas. No tocante ao ámbito da ilustración, só se poderán expoñer produtos relacionados co sector editorial e en papel.

As solicitudes poderanse presentar a través da sede electrónica do concello ou de forma presencial con cita previa para Urbanismo e atención ao contribuínte. Pódese consultar o procedemento no apartado 5 das instrucións anexas.

O espazo expositivo contará con carpas de 5×5 metros, a compartir polas persoas expositoras, e cun máximo de 20 postos. No caso de que se presenten máis solicitudes, seleccionaranse por estrita orde de entrada no rexistro.

Ao igual que na edición anterior, o mercado contará cunha mostra de oficios tradicionais e coa exhibición en vivo do traballo de artesáns. Tamén se poderán propoñer actividades complementarias como recitais, breves presentacións literarias ou artísticas e similares.

Para recibir información complementaria, as persoas interesadas dispoñen do correo comercio@santiagodecompostela.gal.

DIReccións relacionadas

Entradas relacionadas