Campaña “12 comercios, 12 sensibilidades” 2025 protagonistas no mes de febreiro

12c12slogocomer (1)

A campaña “12 comercios, 12 sensibilidades” 2025

28/02/2025

💜 Pechamos febreiro cun resumo desta colaboración solidaria en @joyeriajoseantonio, onde a xoiería artesanal e o café de @comercioxustosig foi protagonista grazas ao apoio de @solidariedadeinternacionalgal dentro da campaña #12comercios12sensibilidades.

👉🏻 Foron moitas as persoas que se achegaron a degustar un delicioso café de comercio xusto e para descubrir as xoias elaboradas con noz de tagua pola cooperativa ecuatoriana Camari @camarifepp, demostrando que cada elección de consumo pode marcar a diferenza. A vosa implicación e difusión fixeron posible amplificar esta mensaxe de comercio responsable e sostible. 🙌

💚 Moitísimas grazas a todas as persoas que se achegaron a Joyería José Antonio para coñecer esta iniciativa! Cada pequeno xesto suma para construír un mundo máis xusto e solidario. Este mes de marzo continuamos cun novo comercio e outra causa que merece todo o noso apoio! 🔜✨

ℹ️ Unha campaña de @comerciostgo e @concellosantiago.

28/02/2025

🎉✨ Xa temos gañadora do #sorteomensual de #12comercios12sensibilidades en @relojeriajoyeriajoseantonio en colaboración con @solidariedadeinternacionalgal !

Durante todo febreiro, moitas persoas achegáronse á tenda para apoiar esta iniciativa solidaria. Entre todas elas, Olga resultou ser a afortunada! 💜

📢 En breve contactaremos con ela para facerlle entrega do seu premio: unha xoia única feita con noz de tagua e un lote de cafés de @comercioxustosig.

💡Lembra! Cada mes hai un novo sorteo no comercio protagonista de #12comercios12sensibilidades.

28/02/2025 

✨ Unha xoia con historia, un café con propósito. Súmaste ao Comercio Xusto? ☕💜

📆 Hoxe é o derradeiro dia para visitar en @joyeriajoseantonio a exposición de xoiería artesanal da Cooperativa Camari @camarifepp, unha organización de Ecuador que apoia comunidades de artesás e pequenos produtores da man de @solidariedadeinternacionalgal.

🌱 Sabías que a súa xoiería está feita con noz de tagua? Tamén coñecida como “marfil vexetal”, esta semente permite crear xoias únicas, sostibles e con moita historia detrás. Cada peza é elaborada a man por mulleres artesás, garantindo condicións de traballo xustas e unha economía máis equitativa.

📍 Achégate a Joyería José Antonio! Poderás descubrir esta exposición especial e degustar un delicioso café de @comercioxustosig.

🍀#sorteomensual👉Ademáis, poderás participar no sorteo dun lote de café de Comercio Xusto e dunha xoia da exposición 🤗

27/02/2025

🎙 Vanessa Alvite, de Joyería José Antonio, en Onda Cero! 💎✨

📻 Recuperamos a entrevista realizada a Vanessa Alvite de JOYERÍA JOSÉ ANTONIO por Ramón Castro no programa “Más de Uno Compostela” de Onda Cero, na que falou sobre o seu establecemento así coma sobre a súa participación en #12comercios12sensibilidades. Unha conversa sobre comercio local, tradición e compromiso coa sostibilidade e o Comercio Xusto.

🤗 Moi agradecidas polo apoio ao comercio local e ao consumo responsable!

20/02/2025

✊🌍 @solidariedadeinternacionalgal é a protagonista da colaboración solidaria con @joyeriajoseantonio este mes de febreiro na campaña #12comercios12sensibilidades.

Neste reel, María Paz cóntanos de primeira man en que consiste o labor desta asociación, que impulsa proxectos de cooperación, educación para o desenvolvemento e comercio xusto.

14/02/2025

A campaña “12 Comercios, 12 Sensibilidades” fomenta o comercio xusto na xoiaría José Antonio

A concelleira María Rozas na xoiaría José Antonio

A concelleira de Dereitos e Servizos Sociais, Promoción Económica e Xuventude, María Rozas, visitou hoxe a xoiaría José Antonio, protagonista este mes da campaña “12 Comercios, 12 Sensibilidades”. O establecemento colabora con Solidariedade Internacional de Galicia, e acolle tanto unha exposición de xoiaría como unha degustación de cafés de comercio xusto.

14/02/2025

👉 Visita @joyeriajoseantonio este mes para coñecer de primeira man a colaboración solidaria con @solidariedadeinternacionalgal ☕💎✨

💎 Poderás degustar un delicioso café de @comercioxustosig mentres descubres a exposición de xoiería realizada polas mulleres da Cooperativa Camari de Ecuador.

📸 Esta mostra achega unha selección de pezas únicas elaboradas artesanalmente con noz de #tagua, tamén coñecida como “marfil vexetal”, unha semente sostible que permite crear xoias orixinais, coloridas e con historia.

10/02/2025

☕🌍 Nesta segunda semana de febreiro, @joyeriajoseantonio convídanos a degustar un delicioso café de Colombia de @comercioxustosig no marco da colaboración solidaria para dar a coñecer @solidariedadeinternacionalgal 🌱✨

👉🏻 O Comercio Xusto garante que as persoas produtoras reciban un pago xusto polo seu traballo, fomentando un desenvolvemento sostible para as comunidades cafeteiras. Cada cunca de café que saboreas axuda a mellorar as condicións de vida de milleiros de familias!

📍 Achégate a Joyería José Antonio para descubrir a exposición de xoiería elaboradas polas mulleres da cooperativa Camari de Ecuador e gozar do auténtico sabor do café colombiano. ☕💚

07/02/2025

📆📌 Continúa a campaña #12comercios12sensibilidades en @joyeriajoseantonio, que visibiliza o labor de @solidariedadeinternacionalgal cunha exposición de xoias da Cooperativa Camari de Ecuador.

🌱 Ao longo de todo o mes, este establecimiento ofrece ademais a degustación dun delicioso café de @comercioxustosig. Nesta primeira semana, o café seleccionado procede de Honduras, e a cooperativa que produce este café é unha das poucas no país que pode preparar e exportar os seus envases directamente a máis de 20 países, sen depender das multinacionais. Isto tradúcese en maior independencia económica e mellores condicións para as persoas produtoras.

👉 Participa no #sorteomensual!! Achégate a Joyeria José Antonio cun flyer da campaña, que poderás conseguir en calquera dos 12 comercios participantes, e deposita a túa participación na urna. Poderás conseguir un lote de café de Comercio Xusto e unha xoia da Cooperativa Camari.

04/02/2025

Esta mañá as mulleres que están detrás da campaña #12comercios12sensibilidades achegáronse a coñecer de primeira man a colaboración solidaria do mes de febreiro entre JOYERÍA JOSÉ ANTONIO e Solidariedade Internacional de GaliciaComercio Xusto SIG .

Durante todo o mes poderás coñecer a exposición de bixutería de Camari, descubrir as historias das artesás, degustar un bó café de Comercio Xusto de diferentes países e tamén participar no sorteo mensual que levará a cabo o comercio protagonista a final de mes.

Visita a Joyería José Antonio

O comercio de Santiago MOSTRA O SEU COMPROMISO SOCIAL coa volta do proxecto “12 comercios, 12 sensibilidades” 2025

01/02/2025 Trala boa acollida do ano pasado, voltamos repetir esta iniciativa na que participan unha ducia de comerciantes de Santiago para darlle visibilidade a outras tantas entidades solidarias ao longo de todo o ano. Baixo o nome “12 Comercios, 12 Sensibilidades” 2025, a iniciativa permitirá favorecer o fluxo de clientela entre pequenos establecementos de diferentes puntos da cidade e dedicados a distintos sectores, así como dar a coñecer as entidades solidarias coas cales cada comercio se xunta ao longo do mes. O programa conta coa colaboración da Concellaría de Dereitos e Servizos Sociais, Promoción Económica e Xuventude.

Cada mes, a iniciativa será protagonizada por un comercio, que difundirá o labor dunha entidade concreta a través de actividades como exposicións, charlas ou obradoiros. 

O programa para este mes de frebreiro chega da man de  JOYERÍA JOSÉ ANTONIO , que participa de novo nesta edición dando visibilidade a Solidariedade Internacional de Galicia, que traballa por unha maior xustiza global, promovendo un mundo onde todas as persoas poidan vivir con dignidade. Neste mes darán a coñecer o Comercio Xusto SIG e o traballo da cooperativa ecuatoriana Camari, que elabora artesanía con noz de tagua, tamén chamada “marfil vexetal”. Esta entidade é algo máis que unha ONG de Desenvolvemento. Son un conxunto de persoas diversas unidas por unha causa común, contribuír a mellorar o mundo no que vivimos para que este sexa moito máis humano, xusto e habitable. Como reza na súa páxina “Baixo a premisa de promover unha cooperación internacional progresista, de vangarda e con capacidade de provocar cambios profundos que dignifiquen a vida das persoas, ao longo da nosa historia temos posto en marcha máis de 60 proxectos de cooperación internacional en 15 países da man de 36 organizacións locais, traballamos con máis de 7.500 estudiantes galeg@s e abrimos tres tendas de Comercio Xusto que cada día, dende hai máis de 10 anos, abren as súas portas a diario nas cidades de Ourense, Pontevedra e A Coruña.” As tendas de Comercio Xusto de Solidariedade Internacional son espazos de encontro para a participación social e a solidariedade, portas de acceso á organización, onde cada persoa que entra non é so un cliente se non alguén con quen compartir principios e valores.

💎Joyería José Antonio leva preto de 48 anos no ensanche compostelán, sempre no mesmo local. Ademais da venda de xoias e reloxos, conta cun taller propio no que crean, transforman e reparan pezas en ouro e prata. O seu lema é claro: #SiNoLoTenemosLoHacemos. Está especializa en xoiería, venda e reparación de reloxos e destaca polo seu asesoramento personalizado así como pola calidade e o deseño que ofrece aos seus clientes. Deseño e bo gusto son algunhas das características dos agasallos para eventos especiais que poderás atopar neste tradicional establecemento da rúa Nova de Abaixo 4 baixo. As xoias existen desde tempos remotos e foron un complemento indispensable para completar a vestimenta das persoas. Unha peza deseñada con gusto dá un toque de distinción, achégate ata a xoiaría José Antonio para ver as últimas novidades.

📢 Por que visitar este Joyería José Antonio? Durante todo o mes poderás coñecer a exposición de bixutería de Camari, descubrir as historias das artesás, degustar un bó café de Comercio Xusto de diferentes países e tamén participar no sorteo mensual que levará a cabo o comercio protagonista a final de mes.

Recordámosvos as próximas citas do calendario de 12 Comercios, 12 Sensibilidades  2025👇

📅 Marzo

Entradas relacionadas