A campaña “12 comercios, 12 sensibilidades” 2025

O comercio de Santiago MOSTRA O SEU COMPROMISO SOCIAL coa volta do proxecto “12 comercios, 12 sensibilidades” 2025
03/11/2025
Con novembro, chegamos ao penúltimo mes da campaña 12 comercios 12 sensibilidades 2025 con dúas novas entidades como protagonistas: Óptica Val e a Asociación ASPAS.
A Asociación ASPAS (Asociación de Padres de Personas con Discapacidad Intelectual) leva cerca de 6 décadas traballando para mellorar a vida das persoas con discapacidade intelectual e das súas familias. Con sede en Santiago, esta organización sen ánimo de lucro promove servizos con criterio de calidade, axustados ás necesidades das persoas e que incrementen o seu grado de benestar, autonomía e integración social.
Optica Val é unha rede de centros ópticos e auditivos con presenza en distintas cidades e vilas galegas. Desde a súa creación, busca a innovación, a excelencia no servizo e a adopción das últimas tendencias en deseño e moda. Sempre se preocupou tamén por desenvolver unha ampla colaboración social, desde iniciativas de pequeno comercio a divulgación científica e mesmo patrocinio deportivo.
Durante esta colaboración ao longo do mes de novembro, as persoas interesadas poderán achegarse a Óptica Val, situada na Praza Roxa, para participar nas súas actividades, mercar produtos solidarios e coñecer máis sobre o traballo de ASPAS.
Esta segunda edición da iniciativa 12 comercios, 12 sensibilidades está a chegar ao seu fin acadando un grande éxito na consecución dos seus obxectivos: dar visibilidade a entidades solidarias ao tempo que impulsa o fluxo de persoas entre pequenos establecementos composteláns do comercio local.
O programa, que conta coa colaboración da Concellaría de Dereitos e Servizos Sociais, Promoción Económica e Xuventude, rematará no mes de decembro cunha última colaboración:






