Mostra “A igualdade na diversidade”, no marco da campaña “12 comercios, 12 sensibilidades”, no mes de marzo

Departamento de comercio2

20/03/2024

💜 Nesta quincena, Naf Naf Santiago. albergará no seu interior ‘La Igualdad en la Diversidad’, unha mostra de esclturas realizadas por usuarias do programa Vagalume, co que colabora solidariamente no marco de 12 Comercios 12 Sensibilidades 

A exposición inspírase en mulleres que foron referentes nas súas vidas, a fin de concienciar das problemáticas que sofren 🧠

Achegádevos a vela! 🤩

Mesa redonda sobre a prostitución no marco da campaña “12 comercios, 12 sensibilidades”

05/03/2024 A tenda Naf Naf acolle este mércores unha mesa redonda sobre a prostitución, no marco da campaña “12 comercios, 12 sensibilidades”, impulsada por unha ducia de comerciantes de Santiago en colaboración coa Concellaría de Dereitos e Servizos Sociais, Promoción Económica e Xuventude. Neste mes de marzo, a iniciativa fíxase o obxectivo de dar a coñecer o traballo que se desenvolve no programa Vagalume de atención integral a mulleres en situación de prostitución ou vítimas de trata.

A mesa redonda “A prostitución, unha realidade invisibilizada” contará coa participación da coordinadora do Programa Vagalume, Lourdes Pazo, e da psicóloga Lorena Nieto. O obxectivo do debate organizado pola tenda Naf Naf Santiago é reflexionar e concienciar sobre a realidade da prostitución, que moitas veces pasa desapercibida na nosa sociedade. A mesa redonda celebraráse a partir das 19.00 horas, e por mor da limitación do aforo será preciso confirmar asistencia no teléfono 696549331.

Campaña solidaria do comercio local de Santiago

A campaña “12 Comercios, 12 Sensibilidades” xurdiu da colaboración entre unha ducia de comerciantes de Santiago co obxectivo de darlle visibilidade a diferentes entidades solidarias. O proxecto, co que colabora a Concellaría de Dereitos e Servizos Sociais, Promoción Económica e Xuventude, tamén procura favorecer o fluxo de clientela entre os establecementos participantes, localizados en diferentes puntos de Compostela e dedicados a actividades diversas.

Cada mes do ano, a campaña está protagonizada por un comercio concreto, que se encarga de difundir o labor da entidade social que elixe a través de diferentes actividades como charlas, exposicións ou obradoiros. Neste mes de marzo, a iniciativa está protagonizada pola tenda Naf Naf, que elixiu colaborar co programa Vagalume de Cáritas. En xaneiro, a tenda online de artesanía 1aguilaatlantica.com deu a coñecer o traballo da Fundación Pictoaplicaciones; e en febreiro a xoiaría José Antonio colaborou con Solidaridad Internacional de Galicia. En abril tomará o relevo o Centro Deportivo Atmósfera, para poñer en valor o traballo da Asociación Compostelá de Esclerose Múltiple.

       

Recordámosvos as próximas citas do calendario de 12 Comercios, 12 Sensibilidades 👇

 
📅 Abril
🤸‍♂️ Atmósfera Sport
🫶 A.C.E.M
 
📅 Maio
🫶 Agadea
 
📅 Xuño
🫶 Acougo Acougo
 
📅 Xullo
🫶 Avante
 
📅 Setembro
🫶 Daquí Darredor

Imaxe da campaña

Entradas relacionadas