Campaña “12 comercios, 12 sensibilidades” 2025 protagonistas no mes de XULLO

12c12slogocomer (1)

A campaña “12 comercios, 12 sensibilidades” 2025

O comercio de Santiago MOSTRA O SEU COMPROMISO SOCIAL coa volta do proxecto “12 comercios, 12 sensibilidades” 2025

01/07/2025

Coa chegada de xullo a campaña 12 comercios, 12 sensibilidades continúa con dous novos protagonistas. Durante o vindeiro mes tócalle  a quenda a Ela Interiorismo, que dará visibilidade á labor da asociación Agadea.

Agadea é unha entidade sen ánimo de lucro creada en 1994 na procura da mellora da calidade de vida das persoas afectadas por Alzheimer e doutras demencias. Está formada  por persoas usuarias, familiares, profesionais e voluntarias. Realizan actividades de prevención para persoas maiores, de sensibilización da cidadanía, servizos de estimulación terapéutica para enfermas e asesoramento e apoio para familiares, coidadores e profesionais.

Pola súa banda, Ela Interiorismo é un estudo creado en 2007 e dedicado ao deseño tanto de vivendas como de locais en toda Galicia: deseños de comercios, oficinas, hostalería e todo tipo de empresas; proxectos a medida para vivendas particulares; escaparatismo e servizos de asesoramento. O estudo pódese atopar en Santiago, na rúa Rodriguez Carracido.

Ademáis do punto informativo sobre Agadea, Ela Interiorismo acollerá durante todo xullo unha exposición do fotógrafo Suso Rivas sobre o día a día da devandita asociación. Como é habitual, as persoas interesadas tamén poderán adquirir neste emprazamento produtos solidarios en favor desta entidade.

Para aumentar a visibilidade da campaña, organizaranse ademais dúas actividades de rúa, ambas na contorna das Casas de Ramírez:

  • Xoves 10 de xullo. Xornada de musicoterapia e pintura ao aire libre.
  • Xoves 17 de xullo. Mañá de xogos populares. Esta actividade contará coa colaboración doutras entidades como Asociación Galega de Xogos Populares e Don Bosco.

Coa iniciativa 12 comercios, 12 sensibilidades, que volve por segundo ano consecutivo tras o éxito da primeira edición, búscase dar visibilidade ao traballo de entidades solidarias ao tempo que se favorece o fluxo de persoas entre pequenos establecementos composteláns. Para iso, ao longo de todo o ano reúnese a doce comercios de Santiago e a doce entidades solidarias, que levarán a cabo unha colaboración durante un mes completo. O programa conta coa colaboración da Concellaría de Dereitos e Servizos Sociais, Promoción Económica e Xuventude.

A campaña 12 comercios, 12 sensibilidades seguirá nos vindeiros meses coas seguintes colaboracións: 

Entradas relacionadas