Campaña “12 comercios, 12 sensibilidades” 2025 protagonistas no mes de xuño

12c12slogocomer (1)

A campaña “12 comercios, 12 sensibilidades” 2025

O comercio de Santiago MOSTRA O SEU COMPROMISO SOCIAL coa volta do proxecto “12 comercios, 12 sensibilidades” 2025

02/06/2025

Comezamos o mes de xuño con dous novos protagonistas do programa 12 comercios, 12 sensibilidades. Tócalle a quenda á tenda de equipamento deportivo Atmósfera Sport, que dará visibilidade á labor de ACEM.

A Asociación Compostelana de Esclerosis Múltiple, Párkinson, ELA, otras enfermedades neurodegenerativas y enfermedades raras (ACEM) é unha organización se ánimo de lucro que traballa pola mellora da calidade de vida das persoas afectadas por estas enfermidades, ás súas familias e ás persoas coidadoras. Presta servizos sanitarios – fisioterapia, logopedia, terapia ocupacional… – así como sociais e xurídicos. Tamén conta cun programa de rehabilitación integral.

Atmósfera Sport leva máis de 40 anos ofrecendo produtos e  equipamento deportivo da máxima calidade. Así mesmo, trátase dun comercio moi comprometido co deporte local.

Durante este mes de xuño, podase visitar en Atmósfera Sport un punto informativo sobre a labor que realiza ACEM, onde tamén se poderán mercar produtos solidarios. Por outra banda, organizaranse diferentes actividades para impulsar a participación cidadá nesta campaña.

  • Mércores 11 de xuño ás 18:00 h: Charla “Nocións básicas sobre nutrición” co nutricionista Hugo Barreiro.
  • Sábado 21 de xuño: I Carreira Solidaria ‘Ruta 091’.
  • Xoves 26 de xuño ás 19:00 h: Mesa redonda “Vivir con Párkinson e Esclerose Múltiple”.

Coa iniciativa 12 comercios, 12 sensibilidades, que volve por segundo ano consecutivo tras o éxito da primeira edición, búscase dar visibilidade ao traballo de entidades solidarias ao tempo que se favorece o fluxo de persoas entre pequenos establecementos composteláns. Para iso, ao longo de todo o ano reúnese a doce comercios de Santiago e a doce entidades solidarias, que levarán a cabo unha colaboración durante un mes completo. O programa conta coa colaboración da Concellaría de Dereitos e Servizos Sociais, Promoción Económica e Xuventude.

Nos vindeiros meses, os comercios e entidades participantes serán os seguintes:

Xullo

  • ELA Interiorismo
  • Agadea

Agosto

  • Libraría Lila de Lilith
  • Casa Comunitaria Aluandé

Setembro

  • Maravalla
  • Refuxio de Bando

Outubro

  • Mimolett
  • Fundación Andrea

Novembro

  • Cousas Do Campo Froitas e Verduras
  • Aldeas Infantiles

Decembro

  • Trisquel Artesanía
  • Asociación Dano Cerebral de Santiago
 
 

Entradas relacionadas