Campaña “12 comercios, 12 sensibilidades” protagonistas no mes de novembro

Departamento de comercio2

A campaña “12 comercios, 12 sensibilidades”

12/11/2024

⏯️ Neste reel coñecemos un pouco mellor a @cocinaeconomicadesantiago da man de @mariabreydiseno. Sor Clara Gallego, directora da Cociña Económica, e Nazaret, a traballadora social, amósannos o Centro de Día, que abre as súas portas de luns a venres de 10:00 a 14:30 h, e ata as 18:00 h os luns e venres.

👉🏻O obxectivo deste espazo é proporcionar ás persoas sen recursos un lugar onde estar durante o día, á vez que se lles ofrece a oportunidade de encamiñalos cara á súa inserción/reinserción social e/ou laboral. Isto conséguese a través de diversas actividades, tanto no centro coma fóra del, centradas en áreas como as habilidades sociais, a saúde e a busca activa de emprego.

🥫Lembra! Durante todo o mes de novembro, na tenda de María Brey estase a realizar unha recollida de alimentos para axudar á Cociña Económica na importante labor que desenvolve na nosa cidade. A cocina económica é moito máis que alimento!! Participa e únete á esta iniciativa solidaria do comercio local de Compostela!! 💪🏻💪🏻

08/11/2024

📹 Hoxe na campaña #12Comercios12Sensibilidades entramos ata a cociña de @cocinaeconomicadesantiago da man de @mariabreydiseno, para dar a coñecer o día a día desta entidade, que desenvolve unha importantísima labor social en Santiago desde o ano 1891.

🍽️ Cada día, máis de 200 persoas en situación de vulnerabilidade acoden a xantar na Cociña Económica.

👉🏻Precisamos da túa solidariedade! Achégate ao longo de todo o mes de novembro á tenda de María Brey (rúa Rodriguez Carracido 3) e fai a túa doazón de alimentos para a Cociña Económica 🥰.

A cociña económica

06/11/2024

📸 Xa está dispoñible na tenda de @mariabreydiseno (rúa de Rodríguez Carracido 3, nas Casas de Ramírez) o punto informativo da @cocinaeconomicadesantiago, que será tamén punto de recollida de alimentos.

🛍️ As persoas que participen na colaboración solidaria deste mes de novembro, contarán cun desconto do 15% en María Brey Diseño e Interiorismo 😉👏🏻.

O comercio de Santiago amosa a súa cara máis solidaria co proxecto “12 comercios, 12 sensibilidades”

01/11/2024 Unha ducia de comerciantes de Santiago veñen de xuntarse nun novidoso proxecto que ten como obxectivo darlle visibilidade a outras tantas entidades solidarias. Baixo o nome “12 Comercios, 12 Sensibilidades”, a iniciativa permitirá tamén favorecer o fluxo de clientela entre pequenos establecementos de diferentes puntos da cidade e dedicados a distintos sectores. O programa conta coa colaboración da Concellaría de Dereitos e Servizos Sociais, Promoción Económica e Xuventude

A través de “12 Comercios, 12 Sensibilidades”, doce establecementos de Santiago darán a coñecer outras tantas entidades sociais e solidarias ao longo de todo o ano. Cada mes, a iniciativa será protagonizada por un comercio, que difundirá o labor dunha entidade concreta a través de actividades como exposicións, charflas ou obradoiros. 

O programa neste mes de novembro chega a @mariabreydiseno que dará a coñecer o traballo da  @cocinaeconomicadesantiago. A Cociña Económica de Santiago cunha traxectoria de 133 anos é unha institución benéfica de carácter privado, cuxo obxectivo principal é proporcionar comidas de luns a domingo, tamén os días festivos, a persoas con limitados medios económicos. Creada en 1891 para axudar a veciñanza compostelá de escasos recursos, o labor realizado pola Cociña santiaguesa foi a pedra base do auxilio socio-comunitario nesta urbe desde entón.
Dispón ademais dun centro de día, un espazo en réxime diúrno desde o cal se desenvolve un programa de apoio persoal e formación aos usuarios/as da Cociña Económica de Santiago de Compostela. Preténdese proporcionar ás persoas sen recursos, un espazo onde estar durante o día, ademais de ofrecerlles a oportunidade de orientalos cara á súa inserción/reinserción social e/o laboral, a través de diversas actividades; tanto no centro como fóra del, no campo das habilidades sociais, saúde e a procura activa de emprego.

En María Brey, na rúa Rodríguez Carracido número 3,  atoparemos o punto informativo de Cocina Económica de Santiago para dar apoio a esta entidade. Con máis de 18 anos no sector do deseño e interiorismo, María Brey conta con todo o necesario para decorar a túa casa: tapicerías, papeis pintados, alfombras, lámpadas…O bo gusto e a calidade, ao servizo dos máis esixentes. Decoración integral para o fogar e locais comerciais. Venda de papel pintado, tapizados, alfombras, mobles, listas de voda, artigos de decoración (bandexas, pratos, pousavasos, servilleteros, iluminación, etc). 

Os comercios participantes informarán das actividades de cada unha das entidades solidarias a través de diferentes iniciativas como poden ser charlas, distribución de material, ou exposicións. Tamén poderá haber recadación de fondos para as asociacións, a través da venda de produtos vinculados con elas. Como atractivo engadido, poderá haber diferentes vantaxes para a clientela dos establecementos como descontos, agasallos ou sorteos.

Recordámosvos a próxima cita do calendario de 12 Comercios, 12 Sensibilidades 👇
 
📅 Decembro

Entradas relacionadas