Campaña “12 comercios, 12 sensibilidades” protagonistas no mes de marzo

Departamento de comercio2

20/03/2024 Mostra “A igualdade na diversidade” no marco da campaña “12 comercios, 12 sensibilidades

💜 Nesta quincena, Naf Naf Santiago. albergará no seu interior ‘A Igualdade na Diversidade’, unha mostra de esculturas realizadas por usuarias do Programa Vagalume , co que colabora solidariamente no marco de 12 Comercios 12 Sensibilidades 

A exposición inspírase en mulleres que foron referentes nas súas vidas, a fin de concienciar das problemáticas que sofren 🧠

Achegádevos a vela! 🤩

Mesa redonda sobre a prostitución no marco da campaña “12 comercios, 12 sensibilidades”

05/03/2024 A tenda Naf Naf acolle este mércores unha mesa redonda sobre a prostitución, no marco da campaña “12 comercios, 12 sensibilidades”, impulsada por unha ducia de comerciantes de Santiago en colaboración coa Concellaría de Dereitos e Servizos Sociais, Promoción Económica e Xuventude. Neste mes de marzo, a iniciativa fíxase o obxectivo de dar a coñecer o traballo que se desenvolve no programa Vagalume de atención integral a mulleres en situación de prostitución ou vítimas de trata.

A mesa redonda “A prostitución, unha realidade invisibilizada” contará coa participación da coordinadora do Programa Vagalume, Lourdes Pazo, e da psicóloga Lorena Nieto. O obxectivo do debate organizado pola tenda Naf Naf Santiago é reflexionar e concienciar sobre a realidade da prostitución, que moitas veces pasa desapercibida na nosa sociedade. A mesa redonda celebraráse a partir das 19.00 horas, e por mor da limitación do aforo será preciso confirmar asistencia no teléfono 696549331.

Campaña solidaria do comercio local de Santiago

A campaña “12 Comercios, 12 Sensibilidades” xurdiu da colaboración entre unha ducia de comerciantes de Santiago co obxectivo de darlle visibilidade a diferentes entidades solidarias. O proxecto, co que colabora a Concellaría de Dereitos e Servizos Sociais, Promoción Económica e Xuventude, tamén procura favorecer o fluxo de clientela entre os establecementos participantes, localizados en diferentes puntos de Compostela e dedicados a actividades diversas.

Cada mes do ano, a campaña está protagonizada por un comercio concreto, que se encarga de difundir o labor da entidade social que elixe a través de diferentes actividades como charlas, exposicións ou obradoiros. Neste mes de marzo, a iniciativa está protagonizada pola tenda Naf Naf, que elixiu colaborar co programa Vagalume de Cáritas. En xaneiro, a tenda online de artesanía 1aguilaatlantica.com deu a coñecer o traballo da Fundación Pictoaplicaciones; e en febreiro a xoiaría José Antonio colaborou con Solidaridad Internacional de Galicia. En abril tomará o relevo o Centro Deportivo Atmósfera, para poñer en valor o traballo da Asociación Compostelá de Esclerose Múltiple.

 

       

Recordámosvos as próximas citas do calendario de 12 Comercios, 12 Sensibilidades 👇

 
📅 Abril
🤸‍♂️ Atmósfera Sport
🫶 A.C.E.M
 
📅 Maio
🫶 Agadea
 
📅 Xuño
🫶 Acougo Acougo
 
📅 Xullo
🫶 Avante
 
📅 Setembro
🫶 Daquí Darredor

Imaxe da campaña

Entradas relacionadas