Plataforma de Comercio Conectado

Departamento de comercio2

‘Comercio Conectado’ é unha ferramenta pública gratuíta nada á procura de fomentar a dixitalización do comercio minorista .

Ademais de píldoras formativas, a plataforma inclúe novas de interese do sector, información sobre axudas e subvencións, autodiagnoses de competitividade por medio de enquisas e a posibilidade de se unir a comunidades e interactuar con outros comercios.

Dado que o pequeno comercio é unha parte imprescindible da nosa historia e un eixo fundamental da economía, a Plataforma de Comercio Conectado nace para ofrecer ao sector retallista recursos que lle axuden nos seus procesos de dixitalización. O obxectivo final é o de asegurar que estea preparado para afrontar as necesidades da sociedade no marco dun mercado cada vez máis saturado e competitivo.

En Comercio Conectado, o didáctico e o colaborativo danse a man ​

A fortaleza desta Plataforma é a de ofrecer multitude de contidos didácticos co fin de facilitar ao máximo a adquisición de coñecementos relativos ao crecemento dixital e ás estratexias comerciais. Para iso, ofrécense múltiples formatos como infografías, vídeos explicativos, entrevistas, artigos e podcasts que facilitan aos comercios as ferramentas e metodoloxías necesarias para impulsar o seu progreso e actualización en base ás novas tecnoloxías e ás novas demandas da sociedade.

A Plataforma tamén facilita dúas ferramentas de autodiagnóstico para que os comercios coñezan o seu grao de madurez dixital e o seu nivel de competitividade empresarial. Unha vez finalizada esta proba, os comercios reciben un itinerario formativo personalizado enfocado no seu crecemento para mellorar no seu ámbito de actividade.

Por outra banda, as iniciativas colaborativas tamén teñen un peso importante na Plataforma, xa que abre foros e comunidades onde comercios, asociacións e outros actores de interese poden compartir opinións e experiencias.

En paralelo, Comercio Conectado ofrece varios catálogos de provedores, asociacións e marketplaces nos que os pequenos comercios poden localizar, de forma centralizada, opcións para potenciar o seu crecemento de forma sostible no tempo.

E, por suposto, a Plataforma conta cun catálogo de axudas que facilita información sobre os financiamentos públicos vixentes para estes comercios.

Conéctasche?

Comercio Conectado achega, ademais, a todos os públicos eventos e noticias de actualidade que axudan aos pequenos comercios a acceder, de maneira sinxela, ás novidades do sector.

Con todo iso, e sempre abertos ás achegas dos pequenos comercios que son, en definitiva, os grandes protagonistas desta Plataforma, convidámosvos a participar de forma activa e comezar a descubrir as formacións, ferramentas e catálogos que xa están á vosa disposición. ​

Rexístrate en 👇

https://comercioconectado.gob.es/es-es/Paginas/index.aspx

Entradas relacionadas