23/05/2024 As celebracións da V edición da Festa do Banquete darán comezo mañá co paseo literario “as voces do bosque”, guiado polo escritor Quique Alvarellos, e un Escape Room co que as/os participantes poderán coñecer máis sobre este espazo e a súa historia. Pola tarde terán lugar os obradoiros de baile tradicional e de Cantos de Taberna co posterior percorrido polos bares do barrio para interpretar as diferentes pezas. O día grande das festas será o domingo 26 de maio, cunha romaría popular aberta a todo o mundo na que se farán diversas recreacións teatrais do Banquete de Conxo e que estará amenizada por distintas actuacións musicais.O barrio de Conxo celebrará esta fin de semana a súa histórica festa para conmemorar a fraternidade, a liberdade e a igualdade, ofrecendo un amplo programa de actividades cuxo día grande será o domingo 26 co desfile e as recreacións teatralizadas do Banquete, seguida pola tradicional romaría popular.
Venres 24
A partir do 17:30 horas, e editor e escritor Quique Alvarellos guiará ‘As voces do bosque’, un percorrido literario pola histórica carballeira de Conxo onde se lembrará as autoras/es que escribiron sobre o bosque ou no bosque, dende o século XII ata o XX. Xa non quedan prazas dispoñibles para esta actividade.
A partir das 19:00 e das 20:45 horas terá lugar o ‘Escape room Banquete de Conxo’, unha actividade lúdica que aproveita a riqueza natural que ofrece a contorna do Bosque do Banquete. O obxectivo principal será coñecer en familia a historia e recursos naturais con probas e xogos nos que os/as participantes terán que demostrar os seus coñecementos sobre este fito histórico. Xa non quedan prazas dispoñibles para esta actividade.
Durante os tres días todas as persoas interesadas terán a oportunidade de participar nun amplo abanico de actividades lúdicas e formativas. O venres 20 pola tarde, impartiranse dous obradoiros, un adicado ao baile tradicional (18:30 h), sen inscrición previa; e outro aos tradionais Cantos de Taberna (19:00 h), cun percorrido posterior polos bares do barrio.
Sábado 25
O sábado será a quenda do taller de observación de aves cuxo punto de encontro será a lagoa de Cornes ás 09:30 e ás 11:30 horas. A bióloga e experta en fauna Rosa Fernandez, acompañará un grupo máximo 10 persoas por quenda con idade mínima de 8 anos. Será preciso levar prismáticos e non se permiten animais de compañía. A inscrición farase por orde de solicitude a través do correo electrónico observacionaves@santiagodecompostela.gal.
A partir das 10 e das 11 horas, o programa ofrece o Taller de baños de bosque para un grupo máximo 16 persoas por quenda con idade mínima de 18 anos. Dirixido por Merche Palomino, Coach corporal, guía de baños de bosque (Forest Therapy Institute) e MBSR (Mindulness Based on Stress Reduction). A inscrición será por orde de solicitude a través do correo electrónico bosque@santiagodecompostela.gal.
Patricia Fernández, directora do proxecto “Restauración río Sar” guiará a partir das 11 horas a ‘Ruta dos muíños’, que inclúe visita e exhibición do funcionamento do muíño do Mourullo, no Multiúsos de Sar ás 12.00 h. O punto de partida será na entrada da senda do Sar no Túnel do Camiño Francés (O Tangueiro) e a inscrición farase a través do correo electrónico muinos@santiagodecompostela.gal.
Ademais, este ano sumarase ao programa a Carreira de Orientación da Festa do Banquete, organizada polo Departamento de Deportes e que terá lugar o sábado 25 de maio ás 11 horas con saída dende a praza Aurelio Aguirre e percorrido polo bosque do Banquete. Trátase dunha proba non competitiva, con opcións e categorías para todas as idades e niveis, e nas modalidades individual ou grupal para fomentar a participación de familias.
Domingo 26
A xornada central da IV Festa do Banquete de Conxo será o domingo 14 de maio, que arrancará co desfile “Alá van estudantes e artesáns” que partirá da praza do Toural e percorrerá as rúas de Compostela, baixo a coordinación artística dos Quinquilláns ata chegar á praza de Conxo, onde María Luísa López Otero se encargará da lectura do pregón. A continuación a comitiva dirixirase á carballeira de Conxo, na que se fará unha representación teatral do Banquete de Conxo para dar paso ao tradicional xantar e romaría popular cos brindes de veciños e veciñas.
Pola tarde celebrarase “O serán da Fraternidade”, unha foliada que estará amenizada pola música e bailes tradicionais dos Fondaos do Pífaro, Devagarinho de Villestro, Asociación de Música e Baile tradicional de Conxo, Grupo de cantos de taberna Contedores de Recandea, Muiñeiros do Sarela e Asociación Penamaior de Marrozos. A compañía Paporrubio tamén ofrecerá o espectáculo “Transhumancia Sonora” da compañía Paporrubio que levará ao bosque do Banquete os seus animais cabezudos, acompañados de música e xogos.
Para rematar o evento, arredor das 19:30h haberá unha despedida da Festa do Banquete 2024 con discursos de Os Quinquilláns e pregón de peche a cargo da cineasta Jaione Camborda.
5º Mercado do Libro
A quinta edición deste popular mercado terá lugar o sábado 25 e o domingo 26 na praza Aurelio Aguirre e contará coa participación de 16 postos de libreiros, editoriais e mesmo ilustradoras vinculadas ao libro.
O mercado contará este ano tamén cunha mostra de oficios tradicionais, coa exhibición en vivo do traballo de artesáns de diferentes oficios tradicionais tales como a forxa, cerámica e cestería.
O Mercado tamén ofrecerá unha serie de actividades en paralelo na tarde do sábado 25: unha mesa redonda sobre “Libros, mente e saúde”, a actuación da compañía N+1 de circo, teatro e danza para o público infantil ou a Festa da Poesía a partir das 21 horas que reunirá no escenario grupos musicais e poetas da escena local e será conducido pola actriz, dramaturga e autora Lorena Conde. O domingo 26 celebrarase unha gran chocolatada na praza Aurelia Aguirre e un concerto do Sonoro Maxín que servirá de peche do Mercado do Libro.
I Certame fotográfico
O Concello tamén lanza a primeira edición do certame fotográfico do Banquete de Conxo, no que poderá participar calquera persoa maior de 18 anos. Trátase dunha iniciativa que pretende fomentar a creatividade, e poñer en valor a propia Festa do Banquete a través da fotografía. Para participar neste certame, as persoas interesadas poderán presentar as súas mellores fotografías vinculadas á celebración desde o 27 ata o 31 de maio. As imaxes gañadoras recibirán diferentes agasallos, como unha cámara de acción deportiva, unha cámara instantánea ou libros de fotografía.
Tren do Banquete de Conxo
O sábado e domingo, veciños e visitantes poderán gozar dun percorrido especial e gratuíto do tren turístico, decorado para o ocasión con motivos da Festa do Banquete de Conxo.
Os traxectos, de ida e volta, terán como punto de partida a Alameda (parada Aurelio Aguirre) e chegarán á praza de Martín Herrera (parada Rosalía de Castro) no barrio de Conxo, con prioridade de acceso para as familias con nenos, as persoas con mobilidade reducida e persoas vestidas de época. Pódese consultar as horas de saída desde os dous puntos no programa.
Cortes de Tráfico, aparcadoiros e accesos
A rúa de Campo de Conxo quedará cortada ao tráfico dende as 11 h do sábado 25 ata as 23 h do domingo 26 (só accesible para bus urbano e Tren do Banquete).
O percorrido do desfile do domingo 26 será o seguinte: TOURAL (saída ás 11 h) -ALAMEDA – CARREIRA DO CONDE – PRAZA DE VIGO – CRUCEIRO DE CONXO -SÁNCHEZ FREIRE – PRAZA DE CONXO (chegada prevista ás 13:00 h).
É posible que nalgún momento deste percorrido se produzan cortes parciais de tráfico para favorecer o paso do desfile e as correspondentes paradas teatralizadas.
A rúa Ramón Baltar poderá sufrir cortes parciais para facilitar a baixada do desfile na mañá do domingo 26.
Pódense consultar todas as indicacións de acceso na sección de avisos.
Direccións relacionadas
Festa do Banquete de Conxo. Avisos mobilidade
23/05/2024 Bota unha ollada ás seguintes indicacións para o acceso á #FestaDoBanquete (24, 25 e 26 de maio):
Cortes de tráfico.
Liñas de autobuses.
Horarios Tren do Banquete.
Principais accesos.
https://bit.ly/AvisosMobilidade
A FESTA DO BANQUETE DE CONXO ACHEGA Á VECIÑANZA A CONTORNA NATURAL DO BARRIO CON ACTIVIDADES PARA TODAS AS IDADES
21/05/2025 Durante toda a fin de semana, o programa ofrecerá diversas propostas para todos os públicos pensadas para descubrir e gozar da contorna da Carballeira de Conxo. Este venres 24 terá lugar a visita literaria “as voces do bosque”, guiada polo escritor Quique Alvarellos, e un Scape Room coa que as/os participantes poderán coñecer máis sobre este espazo e a súa historia. O sábado 25, será a quenda do taller de observación de aves, o de “baños de bosque” e a unha ruta que inclúe unha visita e exhibición do funcionamento do muíño de Mourullo, en Sar. Todas as persoas interesadas en participar nestas actividades deberán inscribirse de maneira previa.O barrio de Conxo celebrará esta fin de semana a súa histórica festa para conmemorar a fraternidade, a liberdade e a igualdade, ofrecendo un amplo programa de actividades cuxo día grande será o domingo 26 co desfile e as recreacións teatralizadas do Banquete, seguida pola tradicional romaría popular. Dentro da programación, a veciñanza poderá escoller entre varias opcións para achegarse á contorna da Carballeira de Conxo.
Venres 24
A partir do 17:30 horas, e editor e escritor Quique Alvarellos guiará ‘As voces do bosque’, un percorrido literario pola histórica carballeira de Conxo onde se lembrará as autoras/es que escribiron sobre o bosque ou no bosque, dende o século XII ata o XX. Trátase dunha actividade adaptada a todos os públicos dunha duración estimada de 90 min. O punto saída será diante da igrexa de Conxo e para inscribirse é necesario mandar un correo a rutabanquete@santiagodecompostela.gal.
A partir das 19:00 e das 20:45 horas terá lugar o ‘SCAPE ROOM Banquete de Conxo’, unha actividade lúdica que aproveita a riqueza natural que ofrece a contorna do Bosque do Banquete. O obxectivo principal será coñecer en familia a historia e recursos naturais con probas e xogos nos que os/as participantes terán que demostrar os seus coñecementos sobre este fito histórico. Esta actividade, con punto de partida no Carballo do Banquete de Conxo, está pensada para un grupo máximo de 10 persoas por quenda (cada menor poderá acudir acompañado dun adulto). Idade recomendada de 7 a 14 anos. A inscrición CSC de Conxo, no correo csconxo@santiagodecompostela.gal ou ben no teléfono 981528740.
Sábado 25
O sábado será a quenda do taller de observación de aves cuxo punto de encontro será a lagoa de Cornes ás 09:30 e ás 11:30 horas. A bióloga e experta en fauna Rosa Fernandez, acompañará un grupo máximo 10 persoas por quenda con idade mínima de 8 anos. Será preciso levar prismáticos e non se permiten animais de compañía. A inscrición farase por orde de solicitude a través do correo electrónico observacionaves@santiagodecompostela.gal.
A partir das 10 e das 11 horas, o programa ofrece o Taller de baños de bosque para un grupo máximo 16 persoas por quenda con idade mínima de 18 anos. Dirixido por Merche Palomino, Coach corporal, guía de baños de bosque (Forest Therapy Institute) e MBSR (Mindulness Based on Stress Reduction). A inscrición será por orde de solicitude a través do correo electrónico bosque@santiagodecompostela.gal.
Patricia Fernández, directora do proxecto “Restauración río Sar” guiará a partir das 11 horas a ‘Ruta dos muíños’, que inclúe visita e exhibición do funcionamento do muíño do Mourullo, no Multiúsos de Sar ás 12.00 h. O punto de partida será na entrada da senda do Sar no Túnel do Camiño Francés (O Tangueiro) e a inscrición farase a través do correo electrónico muinos@santiagodecompostela.gal.
Ademais, este ano sumarase ao programa a Carreira de Orientación da Festa do Banquete, organizada polo Departamento de Deportes e que terá lugar o sábado 25 de maio ás 11 horas con saída dende a praza Aurelio Aguirre e percorrido polo bosque do Banquete. Trátase dunha proba non competitiva, con opcións e categorías para todas as idades e niveis, e nas modalidades individual ou grupal para fomentar a participación de familias. Para participar nela, é preciso inscribirse na categoría e modalidade que máis se adapte a cada participante na páxina webxestanatureza.com.
I Certame fotográfico
O Concello tamén lanza a primeira edición do certame fotográfico do Banquete de Conxo, no que poderá participar calquera persoa maior de 18 anos. Trátase dunha iniciativa que pretende fomentar a creatividade, e poñer en valor a propia Festa do Banquete a través da fotografía. Para participar neste certame, as persoas interesadas poderán presentar as súas mellores fotografías vinculadas á celebración desde o 27 ata o 31 de maio. As imaxes gañadoras recibirán diferentes agasallos, como unha cámara de acción deportiva, unha cámara instantánea ou libros de fotografía.
Como participar?
Entre as opcións están a de sumarse como actor ou actriz ás distintas accións teatrais que coordina a compañía dos Quinquilláns ou colaborar na organización e preparación da Festa do Banquete. Para isto é preciso poñerse en contacto co Centro Sociocultural de Conxo no correo csconxo@santiagodecompostela.gal ou ben no teléfono 981528740.
Este ano tamén se fai un especial chamamento a aqueles mozos e mozas que queiran caracterizarse como estudantes para participar nunha recreación concreta que terá lugar dentro do Desfile do domingo. Ademais todas as propostas de música de autor, hip hop ou poesía por parte da mocidade que queiran estar presentes na Festa tamén poderán remitirse a csconxo@santiagodecompostela.gal.
Outra das opcións é de colaborar como persoa voluntaria durante o desenvolvemento da Festa do Banquete, escribindo un correo a voluntariadobanqueteconxo@gmail.com.
O Serán da Fraternidade do domingo 26 estará amenizado pola música e ao baile tradicional, polo que a participación de grupos locais de música ou baile ou de canto de taberna dos barrios e parroquias serán benvidas. Ademais, os concelleiros animaron a todas as persoas que que acudan á romaría a vir vestidas de época á Festa do Banquete.
Para a confección da vestimenta, os CSC de Santiago ofrecerán obradoiros de vestimenta tradicional, impartidos pola Asociación do traxe e de vestimenta de época con Bety Busto, costureira especialista. Ademais os Centros Socioculturais do Ensanche, Laraño, Conxo e Marrozos.
O CSC de Conxo tamén acollerá un obradoiro de baile tradicional impartido pola Asociación Cultural Pena Maior de Marrozos dirixido a todas as persoas interesadas. Esta formación terá lugar o vindeiro 24 de maio ás 18:30 na praza Aurelio Aguirre.
Direccións relacionadas
V Mercado do Libro 25 e 26 de maio 2024
21/05/2024 A praza Aurelio Aguirre acollerá a V edición do Mercado do Libro este sábado e o domingo no marco da Festa do Banquete de Conxo.
16 postos de libreiros, editoriais e ilustradoras.
Mostra de oficios tradicionais.
Actividades paralelas: Festa da Poesía, mesa redonda, actuacións para a cativada, concertos e chocolatada.
De 11:00 a 14:00 h e de 17:00 a 21:30 h (domingo 20:30 h).
Non volo perdades!
Direccións relacionadas
https://bit.ly/BanqueteDeConxo
Festa do Banquete de Conxo 2024
21/05/2024 Queres participar no #BanqueteDeConxo? Podes facelo de moitos xeitos:
No desfile teatral de estudantes e artesás.
No xantar e romaría popular.
No Serán da Fraternidade co teu grupo de música ou baile.
Participando no Certame fotográfico.
Gozando de todas as actividades paralelas.
Súmate á #FestadoBanquete!
Direccións relacionadas
Festa do Banquete de Conxo. Mercado do Libro e Mostra de Artesanía.
20/05/2024
Estudantes e artesáns reuníanse no século XIX na Carballeira de Conxo para celebrar o acto histórico do #BanqueteDeConxo.
Lembra, os días 24, 25 e 26 de maio, non podes faltar á V edición da #FestaDoBanquete!
Festa do Banquete de Conxo. Novidades
17/05/2024
Coñeces todas as novidades que traerá a V edición do #BanqueteDeConxo?
Scape Room.
Observación de aves.
Certame fotográfico.
Inscricións abertas.
https://bit.ly/BanqueteDeConxo
Súmate á festa!