V Mercado do Libro e Mostra de Artesanía. Tren Turístico do Banquete de Conxo

conxo_rectangular (1)

V Mercado do Libro 25 e 26 de maio 2024

Este sábado abrirá as súas portas o V Mercado do Libro, ao abeiro da #FestaDoBanquete de Conxo:

📍 Prazas de Conxo e de Aurelio Aguirre.

⌚Horario: de 11 a 14 h e de 17:00 a 21:30h (domingo 20:30h).

📚16 postos.

👉 Mostra de oficios tradicionais.

🎭🎶Amplo programa de actividades.

ℹ️ Máis info:

https://bit.ly/BanqueteDeConxo

Tren Turístico do Banquete de Conxo

22/05/2024

🚆 Esta fin de semana volve o Tren Turístico do #BanqueteDeConxo! 😃

📍 Realizará percorridos especiais e gratuítos durante o sábado 25 e o domingo 26, con ida e volta entre a Alameda e o barrio de Conxo.

👉 Estará decorado especialmente para a ocasión e algúns dos seus percorridos estarán amenizados pola Agrupación de Música Tradicional Pena Maior de Marrozos.

🟢Terán prioridade de acceso as familias con cativada, as persoas con mobilidade reducida e as persoas vestidas de época.

🔗 Consulta os seus horarios:

https://bit.ly/HorarioTrenBanquete

Horarios do tren

Cartaz 2024

Entradas relacionadas