Composteláns e visitantes coñeceron as novidades do comercio da cidade na exitosa terceira edición da xornada Estrea Estilo

O alcalde noutro dos comercios coa concelleira María Jesús Sáinz

Estrea Estilo, a iniciativa de dinamización comercial promovida Concellaría de Comercio, superou o grande éxito de edicións anteriores, reunindo o pasado domingo no Pazo de San Lourenzo a miles de composteláns e visitantes para coñecer as novidades do comercio da cidade. O alcalde de Santiago, Agustín Hernández, achegouse tamén ata o recinto e puido comprobar o bo ritmo de asistencia e vendas do evento.

A xornada Estrea Estilo celebrouse este domingo cun satisfactorio resultado ao que axudou o bo clima da xornada. Case medio centenar de comercios de distintas zonas de Santiago de Compostela presentaron as súas novidades de tempada aos miles de visitantes que acudiron ata o Pazo de San Lourenzo para celebrar a gran festa do pequeno comercio, descubrir as coleccións de primavera-verán e gozar das múltiples actividades para todas as idades que se ofertaron durante o día.

Visitaron a actividade o alcalde de Santiago, Agustín Hernández, e outros membros da Corporación, comprobando de primeira man a aceptación da iniciativa e escoitando as opinións dos comerciantes, que amosaron a súa satisfacción respecto das vendas efectuadas no transcurso do día e destacaron o grande aumento na afluencia de visitantes.

Sobresaíu durante xornada o interese xerado polo espazo de elaboración de coroas, onde se realizaron máis de cen adornos en flor natural ata esgotar existencias, así como a zona de beleza exprés, que atendeu a 150 clientes que tiñan realizado compras no medio centenar de comercios participantes.

Especial éxito tiveron tamén as actividades infantís, tanto a gardería-ludoteca, que superou o número de asistentes respecto da pasada entrega de Estrea Estilo, como o inchable e o karaoke, polo que pasaron decenas de nenos durante a celebración do evento.

Grande expectación suscitaron tamén os tres sorteos do día, nos que decenas de visitantes resultaron agasallados con prendas, produtos e vales desconto patrocinados polos establecementos integrantes da iniciativa, así como as degustacións, os concertos de Fogbound e Rockin’Gina e a posibilidade de comer de picnic nos xardíns do Pazo co material cedido pola organización.

Entradas relacionadas