Abre o prazo de solicitude de subvencións destinadas ao fomento de actividades de promoción y dinamización comercial

Axudas e subvencións comercio Santiago

Ficha da subvención

Denominación

Abre o prazo de solicitude de subvencións destinadas ao fomento de actividades de promoción y dinamización comercial

Convocatoria: Pechada

Data de publicación: 20/09/2024

Prazo entrega solicitudes: Inicio 21/09/2024 Fin 30/09/2024

información, ligazóns e consultas

Bases da convocatoria

20/09/2024 As asociacións de comerciantes ou entidades representativas de pequenas e medianas empresas comerciais poderá presentar as súas solicitudes a partir de mañá, 21 de setembro, tras a publicación da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia (BOP).

Estas axudas están destinadas ás asociacións de comerciantes ou entidades representativas de pequenas e medianas empresas comerciais legalmente constituídas, e sen fin de lucro que reúnan os seguintes requisitos no momento de presentación da solicitude: que o seu ámbito de actuación sexa eminentemente local, referido ao municipio de Santiago; que conten cun mínimo de 15 establecementos asociados; que o 60% dos seus establecementos asociados pertenzan ao sector comercial; ter a súa sede social no municipio de Santiago; e non estar integradas por empresas comerciais que operen en mercados municipais suxeitos a concesión administrativa.

Considéranse actuacións subvencionables, sempre que sexan realizadas e efectivamente pagadas entre o 1 de xaneiro de 2024 e a data límite de xustificación, o 31 de outubro de 2024; as referidas a sistemas de fidelización a través de servizos dirixidos á clientela cuxa finalidade sexa aumentar as vendas, atraer novas persoas consumidoras e satisfacer os seus intereses; actuacións de dinamización e promoción comercial encadradas dentro dun proxecto de promoción dos establecementos; campañas de promoción, publicidade en medios de comunicación ou en soportes publicitarios así como elaboración de material promocional, que se orienten a potenciar as distintas tempadas ou fitos con relevancia comercial ao longo do ano; a implantación ou mantemento de servizos de apoio e asesoramento ao comercio polo miúdo, e actuacións encamiñadas á mellora da competitividade comercial.

Tamén son subvencionables os custos de persoal e de administración específicos, sempre e cando estean directamente relacionados coa actividade subvencionada e sexan indispensables para a súa adecuada preparación e execución; as liquidacións das pólizas de crédito devindicadas e efectivamente pagadas entre o 1 de xaneiro e o 30 de outubro de 2024; e os xuros dos préstamos concertados con posterioridade ao 14 de marzo de 2020 e efectivamente pagados entre o 1 de xaneiro e o 31 de outubro de 2024.

A subvención pode acadar o 80% do orzamento dos gastos subvencionables, co límite de 35.000 euros por cada entidade solicitante. Esta axuda é compatible con outras concedidas para a mesma finalidade, sempre e cando illadamente ou en concorrencia coas outorgadas por outras administracións ou entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais, non supere o custo total das actividades subvencionadas.

Documentos relacionados

Aprobadas as bases das axudas para promoción e dinamización comercial, destinadas ás asociacións de comerciantes

16/09/2024 A Xunta de Goberno Local aprobou esta mañá as bases reguladoras da convocatoria de axudas á realización de actividades de promoción e dinamización comercial, correspondente á anualidade de 2024, que conta cun orzamento de 85.000 euros. As subvencións están destinadas ás asociacións de comerciantes ou entidades representativas de pequenas e medianas empresas comerciais legalmente constituídas, e sen fin de lucro que reúnan os seguintes requisitos no momento de presentación da solicitude: que o seu ámbito de actuación sexa eminentemente local, referido ao municipio de Santiago; que conten cun mínimo de 15 establecementos asociados; que o 60% dos seus establecementos asociados pertenzan ao sector comercial; ter a súa sede social no municipio de Santiago; e non estar integradas por empresas comerciais que operen en mercados municipais suxeitos a concesión administrativa.

Considéranse actuacións subvencionables, sempre que sexan realizadas e efectivamente pagadas entre o 1 de xaneiro de 2024 e a data límite de xustificación, o 31 de outubro de 2024; as referidas a sistemas de fidelización a través de servizos dirixidos á clientela cuxa finalidade sexa aumentar as vendas, atraer novas persoas consumidoras e satisfacer os seus intereses; actuacións de dinamización e promoción comercial encadradas dentro dun proxecto de promoción dos establecementos; campañas de promoción, publicidade en medios de comunicación ou en soportes publicitarios así como elaboración de material promocional, que se orienten a potenciar as distintas tempadas ou fitos con relevancia comercial ao longo do ano; a implantación ou mantemento de servizos de apoio e asesoramento ao comercio polo miúdo, e actuacións encamiñadas á mellora da competitividade comercial.

Tamén son subvencionables os custos de persoal e de administración específicos, sempre e cando estean directamente relacionados coa actividade subvencionada e sexan indispensables para a súa adecuada preparación e execución; as liquidacións das pólizas de crédito devindicadas e efectivamente pagadas entre o 1 de xaneiro e o 30 de outubro de 2024; e os xuros dos préstamos concertados con posterioridade ao 14 de marzo de 2020 e efectivamente pagados entre o 1 de xaneiro e o 31 de outubro de 2024.

A subvención pode acadar o 80% do orzamento dos gastos subvencionables, co límite de 35.000 euros por cada entidade solicitante. Esta axuda é compatible con outras concedidas para a mesma finalidade, sempre e cando illadamente ou en concorrencia coas outorgadas por outras administracións ou entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais, non supere o custo total das actividades subvencionadas.

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes e contara desde o día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Boletín Oficial da Provincia (BOP).

Entradas relacionadas