Programa do bono das persoas autónomas, ano 2024

Axudas e subvencións comercio Santiago

Ficha da subvención

Denominación

Programa do bono das persoas autónomas, ano 2024

Convocatoria: Aberta

Data de publicación: 22/01/2024

Prazo entrega solicitudes: Inicio 29/01/2024 Fin 30/09/2024

información, ligazóns e consultas

Xunta de Galicia

Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade

Secretaría Xeral de Apoio ao Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social

Subdirección Xeral de Emprego

Servizo de Emprego Autónomo

San Lázaro, s/n

15781  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 981545625/ 981957729

Fax: 981544678

Email: autonomos.emprego@xunta.gal

Bases da convocatoria

Extracto da convocatoria

Solicitude a través da Sede Electrónica

Corrección de erros

CONSELLERÍA DE PROMOCIÓN DO EMPREGO E IGUALDADE

ORDE do 28 de decembro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa do bono das persoas autónomas e se procede á súa convocatoria para o ano 2024 (código de procedemento TR341Q)

BDNS (Identif.): 739850.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index).

PERSOAS BENEFICIARIAS

Poderán ser beneficiarias das axudas reguladas nesta orde:

1. As persoas traballadoras autónomas que estean de alta no réxime especial de autónomos ou en mutualidade de colexio profesional, que teñan o domicilio fiscal en Galicia, que na data da solicitude teñan unha antigüidade superior a 42 meses ininterrompidos na realización efectiva dunha actividade empresarial ou profesional e que teñan un rendemento neto reducido dos rendementos de actividades económicas declarados na declaración do IRPF anual inferior a 50.000 euros, e unha facturación mínima anual de 12.000 euros, IVE incluído, na declaración referida ao ano 2022.

2. As sociedades de calquera clase e comunidades de bens con domicilio fiscal en Galicia e que cumpran os seguintes requisitos:

a) Que na data da solicitude teñan unha persoa autónoma societaria cunha antigüidade superior a 42 meses na realización efectiva dunha actividade empresarial ou profesional.

b) Que a empresa teña unha facturación mínima anual de 12.000 euros, IVE incluído, na declaración referida ao ano 2022.

c) Que a empresa teña unha base impoñible no imposto de sociedades da declaración realizada referida ao ano 2021 inferior a 50.000 euros (segundo o recadro 552 do imposto de sociedades). No caso de entidades que tributen en réxime de atribución de rendas, este importe de 50.000 euros referirase ao rendemento neto reducido dos rendementos de actividades económicas declaradas no IRPF da suma de todos os membros da sociedade ou comunidade de bens.

3. Quedan excluídos desta orde:

a) Os familiares que, de maneira habitual, realizan traballos para persoas traballadoras autónomas ou mutualistas de colexio profesional e que non teñan a condición de persoas traballadoras por conta allea, conforme o establecido no artigo 1.3.e) do texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, aprobado polo Real decreto lexislativo 2/2015, do 23 de outubro.

b) As persoas que cobrasen a axuda do bono das persoas autónomas (procedemento TR341Q) nalgunha das últimas cinco convocatorias (2019 e 2023, ambos incluídos).

Lugar e prazo de presentación

Prazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes de esta orde iniciaráse o día 16 de xaneiro de 2024 e finalizará o 30 de setembro de 2024.

Lugar de presentación

Sede electrónica da Xunta de Galicia (código de procedemento TR341Q)

Entradas relacionadas