Ficha da subvención
Denominación
Subvencións para o mantemento da contratación en MEDIANAS EMPRESAS MICROEMPRESAS E PERSOAS AUTÓNOMAS NO ANO 2025 (PELPEMES/MANT / 2025)
Convocatoria: Aberta
Data de publicación: 11/02/2025
Prazo entrega solicitudes: Inicio 17/02/2025 Fin 17/03/2025
información, ligazóns e consultas
DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA
Servizo de Desenvolvemento Territorial e Transición Ecolóxica
DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA
Servizo de Desenvolvemento Territorial e Transición Ecolóxica
Bases reguladoras, en réxime de concorrencia, do programa de subvencións para o mantemento da contratación en pequenas, medianas empresas, microempresas e persoas autónomas no ano 2025 (PEL-PEMES/MANT 2025)
Mediante resolución de Presidencia aprobáronse as Bases reguladoras do Programa de axudas ao mantemento do
cadro de persoal de pequenas e medianas empresas e microempresas., cuxo texto se transcribe:
BASES REGULADORAS, EN RÉXIME DE CONCORRENCIA, DO PROGRAMA DE SUBVENCIÓNS PARA O MANTEMENTO DA CONTRATACIÓN EN PEQUENAS, MEDIANAS EMPRESAS MICROEMPRESAS E PERSOAS AUTÓNOMAS NO ANO 2025 (PELPEMES/MANT / 2025)
O obxecto desta liña é regular as subvencións para o mantemento do posto de traballo indefinido creado ao abeiro da
axuda PEL-Pemes Creación e Ampliación 2024.
A finalidade das subvencións é apoiar ao tecido empresarial provincial para o mantemento do posto de traballo laboral
indefinido creado con cargo ás axudas á contratación para a creación e ampliación do cadro de persoal de pequenas,
medianas empresas e microempresas (PEL-Pemes Creación e Ampliación 2024).
Terán a consideración de gastos subvencionables os custes salariais e de seguridade social do mantemento no ano
2025 do posto de traballo subvencionado a través da convocatoria PEL-Pemes Creación e Ampliación 2024, que teña sido
creado inicialmente como indefinido ou transformado a indefinido con carácter previo á presentación da solicitude de PELPemes Mantemento 2025.
Os conceptos de gasto subvencionables nesta liña de subvencións son os seguintes:
640 Soldos e salarios
642 Seguridade Social a cargo da entidade
649 Outros gastos sociais
Os gastos subvencionables comprenden os soldos e salarios, as cotas á seguridade social , así como outros gastos
sociais relativos á incapacidade temporal (IT) da persoa traballadora ou en situación de descanso por nacemento, adopción,
acollemento, risco durante o embarazo, risco durante a lactación natural ou suspensión por paternidade, exercicio corresponsable do coidado do menor ou da menor lactante, a cargo do empresario.
O período máximo subvencionable será de 12 meses (de xaneiro a decembro de 2025), polo que se subvencionarán
exclusivamente os gastos salariais e de seguridade social correspondente aos meses do mantemento da contratación
incluídos dentro da anualidade 2025.
PERSOAS BENEFICIARIAS
Estas axudas van dirixidas a pequenas, medianas empresas, microempresas e persoas autónomas, beneficiarias da
subvención PEL-Pemes Creación e Ampliación 2024, que realizaron a contratación obxecto desa axuda de maneira indefinida inicialmente ou foi transformada a indefinida con carácter previo á presentación da solicitude de axudas PEL-Pemes
Mantemento 2025, e que con anterioridade á data de publicación desta convocatoria, manteñen os mesmos requisitos
establecidos na convocatoria PEL-Pemes Creación e Ampliación 2024.
FORMA, Lugar e prazo de presentación
O prazo de solicitude iniciarase ás 09:00 horas do día 17 de febreiro de 2025, e finalizará ás 14:00 horas do día 17 de marzo de 2025, tendo en conta que, tanto as solicitudes como o resto da tramitación do programa, realizarase por vía telemática a través da plataforma SUBTEL, accesible desde a sede electrónica da Deputación provincial da Coruña.