O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, acompañado pola concelleira de Políticas Sociais Mila Castro, asinou esta mañá un convenio de colaboracón coa xerente da Comunidade de Propietarios Centro Comercial Área Central, María Sara Castedo de Castro , para o desenvolvemento das actividades de dinamización comercial deste 2022, entre elas as de Nadal.
O convenio ten por obxecto o desenvolvemento dun programa de dinamización comercial dirixido ao barrio de Fontiñas, en particular, e a toda a cidade, en xeral, durante este ano 2022.
A achega municipal por un valor de 35.000 euros permitirá financiar un conxunto de iniciativas postas en marcha polo centro comercial ao longo do 2022. Entre as actidades desenvolvidas destaca a animación de Reis Magos, o servizo de ludoteca “Ludoarte”, a feira de minerais, o servizo de empaquetado de agasallos para o Nadal, a campaña “os teus cartos valen mais”, a feira do disco ou os eventos realizados arredor de festividades como os días da nai e día do pai, o San Valentín ou o Entroido. A subvención tamén permitirá sufragar os vales de aparcadoiro para os clientes que se acheguen a realizar as súas compras.
“Desde o Concello somos conscientes das especiales dificultades que atravesou Área Central nos últimos tempos e da necesidade de realizar activades que axuden a incrementar e mellorar a súa atractividade”, indicou o alcalde.
Área Central é o punto neurálxico da convivencia e dinamización veciñal e comercial do barrio, cun amplo programa de actividades durante todo a ano.