Bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, de subvencións para o impulso da Rede de mercados excelentes de Galicia e para a dinamización e revitalización das prazas de abastos

Axudas e subvencións comercio Santiago

Ficha da subvención

Denominación

Bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, de subvencións para o impulso da Rede de mercados excelentes de Galicia e para a dinamización e revitalización das prazas de abastos

Convocatoria: Pechada

Prazo entrega solicitudes: Fin 06/10/2022

información, ligazóns e consultas

Xunta de Galicia
Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación
Dirección Xeral de Comercio e Consumo
Subdirección Xeral de Comercio
Servizo de Promoción Comercial e da Artesanía
Edificios Administrativos. San Caetano, 3º planta
15781  Santiago de Compostela  (Coruña, A)
Teléfono: 981545419/ 981545594
Fax: 981545541
Email: cei.dxc.axudas@xunta.gal
http://ceei.xunta.gal
012 (desde o resto do Estado 902 12 00 12)

Bases da convocatoria

Extracto da convocatoria

Corrección de erros

Publicación da resolución da convocatoria

Convocatoria pechada o 6/10/2022. Resolta o 10/01/2023

VICEPRESIDENCIA PRIMEIRA E CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, INDUSTRIA E INNOVACIÓN

RESOLUCIÓN do 10 de xaneiro de 2023, da Dirección Xeral de Comercio e Consumo, pola que se dá publicidade das axudas concedidas ao abeiro da Orde do 19 de agosto de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, de subvencións para o impulso da Rede de mercados excelentes de Galicia e para a dinamización e revitalización das prazas de abastos, e se convocan para o ano 2022 (código de procedemento IN223A).

VICEPRESIDENCIA PRIMEIRA E CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, INDUSTRIA E INNOVACIÓN

CORRECCIÓN DE ERROS. Orde do 19 de agosto de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, de subvencións para o impulso da Rede de mercados excelentes de Galicia e para a dinamización e revitalización das prazas de abastos, e se convocan para o ano 2022 (código de procedemento IN223A).

VICEPRESIDENCIA PRIMEIRA E CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, INDUSTRIA E INNOVACIÓN

ORDE do 19 de agosto de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, de subvencións para o impulso da Rede de mercados excelentes de Galicia e para a dinamización e revitalización das prazas de abastos, e se convocan para o ano 2022 (código de procedemento IN223A).

Para a concesión destas subvencións destinarase un crédito total de 870.000,00 € que será imputado da seguinte forma:

a) Concellos: Destinarase un crédito total de 600.000,00 € con cargo á aplicación orzamentaria 06.03.751A.761.3 dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2022.

b) Federacións e asociacións de prazas de abastos e mercados: Destinarase un crédito total de 270.000,00 € con cargo á aplicación orzamentaria 06.03.751A.781.1 dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2022, do seguinte xeito:

Federacións de asociacións de prazas de abastos ………….. 45.000,00 €
Asociacións de prazas de abastos ……………………………………225.000,00 €

Entidades beneficiarias

a) Os concellos galegos que conten cun mercado co selo de mercado excelente outorgado de conformidade coa Orde do 4 de xaneiro de 2017 pola que se regula o procedemento para a obtención do selo de mercado excelente na Comunidade Autónoma de galicia, ou aqueles que estean no proceso para a súa obtención.
Os concellos deberán cumprir co deber de remisión ao Consello de Contas das contas xerais de cada exercicio, nos termos previstos no artigo 4 do Decreto 193/2011, do 6 de outubro, polo que se regulan especialidades nas subvencións ás entidades locais galegas.

b) As federacións e asociacións de vendedores das prazas de abastos, sen ánimo de lucro, que estean legalmente constituídas e cuxo ámbito de actuación se desenvolva na Comunidade Autónoma de Galicia.
En todo caso, as federacións e asociacións deberán ter unha antigüidade mínima de tres anos na data de publicación desta orde e estaren ao día na obriga de aprobación das contas anuais pola xunta directiva nos dous últimos exercicios previos a esta orde de convocatoria.

 

Lugar e prazo de presentación

Sede electrónica da Xunta de Galicia (código de procedemento IN223A)

Praza ata o 06/10/2022